
No marco da convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, festivais musicais e de artes escénicas, e festivais mixtos e singulares na provincia da Coruña o ano 2024, Asnot é por primeira vez beneficiario.
Asnot nacía fai 10 anos nunha pequena taberna dunha praza minúscula do casco histórico de Padrón, o Rincón, na que a creatividade e o inxenio eran necesarias para subsistir. Paralelamente ao tradicional derbi asnal que organizaba o Concello de Padrón cada 24 de xullo, Asnot recrea dunha forma divertida, gamberra, respectuosa, elegante e moi visual o ambiente das carreiras de cabalos inglesas.
Organizado por Asnot Asociación Cultural, conta, unha vez máis, co apoio principal e incondicional de Estrella Galicia, o institucional da Deputación da Coruña, do Concello de Padrón e da Fundación Artesanía de Galicia. Xunta de Galicia, co impulso da Fundación Paideia, Deleite e Gadis, e co pulo que lle da a súa veciñanza.