FAQs

Que é Asnot?

A creatividade, a orixinalidade e a elegancia dos gorros made in Galicia!

Que días será Asnot 2022

O último fin de semana de xullo. Os días 29, 30 e 31 de xullo de 2022.

Os 3 días haberá concurso de sombreiros?

Non. O día da visita da Raíña e do concurso de sombreiros será o sábado 30 de xullo. A túa creación pode ser agraciada da distinguida “Xoia da Coroa”, o exclusivo premio á creatividade e orixinalidade de Asnot.

Quen organiza Asnot?

A Asociación Cultural co mesmo nome.

De forma voluntaria as súas socias traballan durante todo o ano para sorprendernos en cada edición.

Asnot é gratuíto?

. Asnot dende o seu comezo é libre, gratuíto e a pé de rúa.

Soamente na edición do ano 2021 (de transición) foi con entrada. A fórmula tivo que adaptarse á evolución da pandemia. A saúde prima! Un festival a pé de rúa, gratuíto e sen aforo limitado non era posible de momento. Coidamos a nosa festa cuidándonos primeiro a nós e aos demais.

Así que, sen perder a esencia e o glamour de Asnot, desenvolveuse un proxecto que encaixou á perfección cos seus valores: Asnot Garden Party. A metade dos fondos recaudados destináronse a fins sanitario-sociais para paliar as consecuencias producidas pola covid-19 na nosa proximidade.

Que son as CUINS?

É a moeda oficial de Asnot dende 2019.  Mércanse nos puntos de venda do festival (anunciaremos nas redes previamente).

1 cuin = 1 euro

#biocompostable #reciclable

Utiliza as CUINS para pagar nas barras de Asnot, no punto de merchandising Asnot, no mercado e na hostelería e comercio colaborador do festival.