Asnot

Asnot

A parodia canalla de Ascot.

O glamour á galega.

O festival onde ti e a orixinalidade, a creatividade e a elegancia do teu gorro inglés made in Galicia sodes as protagonistas.

Xoia da Coroa. Asnot 2019

Asnot recrea dunha forma divertida, gamberra, respectuosa, elegante e moi visual o ambiente das carreiras de cabalos inglesas, e converte a Padrón nun escenario teatral cheo de glamour e sorrisos.

Ante a inevitable transformación da carreira de burros que organiza o Concello de Padrón cada 24 de xullo enmarcada nas estas do Santiaguiño do Monte, Asnot, dende o respecto, procura actualizar esta popular para manter así a tradición.

A paso lento. Asnot 2019

Asnot instaura así un festival participativo, interxeracional, innovador e gratuíto no que todo o mundo está invitado a acudir caracterizado con sombreiros de copa customizados ou pamelas glamurosas e excéntricas.

Palco real. Asnot 2019

Unha aposta polo fomento da creatividade como ferramenta de cambio social.

Puntulidade británica!
Asnot agárdavos cada xullo en Padrón (A Coruña) coa vosa mellor gala.