Manifesto

Manifesto

EN

  1. Asnot é un festival cultural interxeracional e público que se celebra en Padrón o 24 de xullo e ao que pode asistir quen o desexe, porque para nós a cultura é un ben común.
  2. Asnot Asociación Cultural organiza o festival coa participación e o apoio material e inmaterial dos patrocinadores, dos negocios colaboradores de Padrón, da veciñanza, das asociacións culturais e das entidades públicas da vila. Este aporte é imprescindible para poder celebrar o festival e que sexa público e gratuíto para ti.
  3. Asnot Asociación Cultural é unha agrupación sen ánimo de lucro, o que significa que as persoas que a integran non reciben compensación económica por organizar nin celebrar o festival.
  4. A organización do festival Asnot é un traballo voluntario que combinamos cos nosos traballos remunerados, tarefas diarias e obrigas familiares.
  5. Asnot naceu como unha parodia de Ascot, un festival británico que se celebra arredor das carreiras de cabalos ás que a xente asiste de etiqueta, que adaptamos con retranca ao contexto padronés.
  6. Esta retranca intégrase tamén coa intención de desenvolver ideas e costumes de Padrón para adaptalos aos tempos, xa que o burro e o asno son animais en perigo que debemos coidar. 
  7. Non podemos obviar que sacar os burros do seu entorno diario e sometelos á tensión da correr polas rúas e a estar rodeados de xente non só altera os animais, senón que co estrés que esta situación lles produce tamén lle poderían facer dano a alguén.
  8. Con cada edición do festival desde 2018, Asnot Asociación Cultural doa parte dos ingresos a “O fogar do meu burro” de Ames como mostra do seu compromiso polo coidado destes animais.
  9. Promovemos a riqueza cultural padronesa, a artesanía galega da sombreirería, a música de bandas emerxentes galegas e, en xeral, a creatividade artística galega e en galego. 
  10. Sempre procuramos a incorporación e a visibilidade das mulleres en todos os ámbitos da asociación e do festival, desde as propostas artísticas ata a equipa directiva.
Baltar colaborador

Desde o inicio de Asnot organizamos o festival coas nosas mellores intencións e bo facer e estamos orgullosas do que fomos conseguindo con cada edición. Temos claro que non o teriamos conseguido sen o apoio da veciñanza padronesa e das achegas económicas e de materiais que nos proporcionaron xunto cos patrocinadores e entidades públicas.

E como para nós este festival debe ser público e gratuíto para que poida celebralo xente de todas as idades, consideramos imprescindible a colaboración do Concello para conseguilo. Por iso solicitamos diálogo e a súa participación activa.

E as contas

Ademais, sabemos que non hai mellor cousa ca que ti vexas os números para que comprobes cos teus ollos as contas de Palacio. Así que expoñemos publicamente os ingresos e gastos que se fixeron para o festival Asnot desde o ano 2018 que nos constituímos como asociación: