Asnot 2020

Unha difícil decisión

O equipo de organización do festival levamos semanas cuestionándonos se é ou non correcto e adecuado seguir en marcha coa edición 2020. O noso desexo sería poder levalo a cabo sen por en risco a ningunha das persoas veciñas, artistas, nin participantes de Asnot. Mais ante as actuais circunstancias nas que nos atopamos non sendo quen de garantir os mínimos imprescindibles en canto a seguridade sanitaria e tras a falta de instruccións concretas por parte das autoridades respecto ao que sucederá coa celebración de festivais e festas populares, debemos ser honestas e aprazar o evento a 2021.

Non queremos rematar este comunicado sen agradecer a vosa paciencia, comprensión e compromiso futuro de todas vós: participantes, patrocinadores, equipo, amizades, e todas as persoas partícipes neste pequeno gran proxecto que vai crecendo convosco. As razóns sanitarias parécennos suficientes para tomar esta difícil decisión e estamos convencidas que é o mellor para todas as persoas implicadas.

Mais non tardaremos tanto en vernos! Engadir que continuamos traballando con moita ilusión no avance desde proxecto e pronto coñeceredes algunhas das actividades culturais que vos temos preparadas para este ano.