Swing

O swing xa é un clásico en Asnot.

E na edición do 2022 puidemos disfrutalo.

As clases de baile Lindy Hop para iniciados ou non, foron impartidas por dúas profesoras de larga traxectoria profesional que tomaron o Paseo do Espolón pola mañá. Unha aula aberta de iniciación para que o público adquirise as ferramentas básicas dos bailes swing, tanto a solo como en parella.

E para conseguir una experiencia completa Ghastas Pista Swing Band dou a oportunidade no vermú de mostrar o aprendido nos talleres cun repertorio pensado en facer mover os pés a ritmo de swing clásico. As bailarinas encargáronse ademais de animar ás persoas a bailar durante o concerto. 

Asnot 2022 pechouse o domingo 31 de xullo cun proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos: o chamado gypsy swing. Aló Django difunde a música manouche, a través dun concerto con moito swing e humor en horario vermú nos Xardíns de Palacio, o Xardín Botánico de Padrón, un fermoso e espectacular espazo natural en pleno casco vello de Padrón