Camila de Asnot

Coñecedes a Camila de Asnot, a musa e imaxe de Asnot, polo seu amor pola terriña, a cultura, a natureza e a súa paixón polos sombreiros únicos?

Presentámola o pasado verán, en Asnot 2022 no Paseo do Espolón coas ilustracións proxectadas en vivo da man da súa autora Inés, unha artista multidisciplinar galega que destila amor polos Beatles co seu pseudónimo heyjuddy. acompañadas pola pinchada de Ladyquincalla.

En Asnot 2024, no espazo Little Asnot adicado ás crianzas, nace “O Xogo de Camila”, un xogo de mesa de preguntas onde as crianzas poñen a proba os seus coñecementos mentres se divirten compartindo e tempos e curiosidades con outras crianzas.