Chapeu Market

Chapeu Market 2024

24 xullo 2024
11:00h – 21:30h
Coordinación: Félix de Martín

O Chapeu Market ou o mercado de sombreireiría de Asnot pretende ser o punto de encontro profesional do sombreiro de Galicia e ten como obxectivo divulgar a nosa cultura. Trátase dun espazo propio dentro do festival Asnot onde recoñecidas sombreireiras e sombreireiros, de aquí e de fóra, poñen á disposición do público e de profesionais do sector o seu saber e experiencia, que acompañan con obradoiros para o público do festival.

Queres compartir con outras sombrereiras e sombrereiros de aquí e dacolá experiencias, saberes e espazo?

Queres formar parte do II Chapeu Market enmarcado dentro do festival Asnot onde público diverso e de calidade coñecerá o teu traballo?

A LOCALIZACIÓN, INMELLORABLE: O Paseo do Espolón

Un paseo fluvial en pleno casco antigo. Estará conectado directamente co escenario principal de Asnot 2024 (Praza de Macías). Cuberto por un conxunto de plátanos de sombra e presidido a ambos os dous lados polos nosos máis célebres literatos, Rosalía de Castro e Camilo José Cela.

O FORMATO, ATRACTIVO E “GLAMUROSO

Os postos do mercado (de 4 metros de longo cada un) estarán colocados formando un círculo no centro do Paseo do Espolón que terá tres entradas. O acceso principal ao Chapeu Market está directamente conectando coa Praza de Macías, centro neurálxico de Asnot 2024.

O mercado estará decorado coa estética coidada de Asnot e utilizando elementos naturais e específicamente deseñados para o II Chapeu Market.

E A FÓRMULA, COLABORATIVA

Para poder participar soamente terás que cubrir o seguinte formulario e propoñer un obradoiro / mostra en vivo do teu traballo onde o público de Asnot (adulto ou infantil, a escoller) poida participar activamente ou aprender escoitando ou vendo. Os obradoiros estarán detallados no programa do festival.

Inscríbete cubrindo o seguinte formulario:

Apresúrate. Prazas limitadas!

Nome do sombreireiro ou sombreireira
Teléfono de contacto
Nome da marca comercial
Que tipo de pezas creas?
Déixanos aquí ligazóns ás túas RRSS e web

Como foi o Chapeu Market 2022?

Na primeira edición A Eito, Blade Hats, Félix de Martin e Julia Vilariño trouxeron unha parte do seu taller e traballaron in situ mostrando os segredos da creación dos sombreiros e poñendo en valor esta peza de arte.

Paralelamente ao mercado tamén se impartiron obradoiros creativos de confección, deseño ou outros relacionados co mundo do sombreiro, baixo inscrición previa, conseguindo achegar o seu ancestral oficio ao público que veña ao festival.

#ChapeuMarket