Tributos

Abbey Road

Dirixido por Darío Autrán e interpretado por Josito Porto, a curtametraxe promocional de Asnot 2022, fíxonos intuir a banda cabeza de cartel deste ano. Abbey Road, un dos mellores tributos do mundo a The Beatles proponse desatar a euforia das fans deste participativo e gratuíto festival. 

Unha fascinante viaxe ao pasado rememorando a música dunha banda que revolucionou os fundamentos da música moderna. Poderemos escoitar os grandes éxitos que lle deron fama ao grupo británico durante a primeira meted dos anos 60, e revivir aqueles himnos que The Beatles gravaron ata o 1970 e que nunca chegaron a tocar en directo

Sobre o escenario conseguen unha increíble fidelidade ás voces e sons orixinais, e son capaces de recrear toda a música da discografía dos de Liverpool. Os seus concertos tamén destacan polos diferentes cambios de vestiario feito a imane dos orixinais dacordo coa época. Incluso os instrumentos utilizados son os mesmos que utilizaban John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr.