Comezando o sábado pola mañá e ao longo do festival Asnot 2022, Xoana Almar (Cestola na Cachola) interviño na parede da taberna O Rincón traducindo as vivencias e recordos nun mural que recupera a memoria deste espacio social e creativo onde naceu este festival.
Un mural que representa unha homenaxe á memoria desta taberna e á de todas as personas que a fixeron comunidade.
O Rincón foi o espazo berce de Asnot e representa ese espírito creativo como ferramenta de cambio social e os valores que caracterizarán sempre a este festival.