Abrimos inscricións ao primeiro concurso de bandas de Asnot

Gustaríache tocar ao puro estilo busking londinense?
Que che parecería gravar o teu single e videoclip nos Estudios Mans?
formar parte do cartel de Asnot 2023?

Inscríbete no primeiro concurso de bandas de Asnot !

Presenta un tema orixinal a través de asnotbusking@asnot.gal antes do 13 de xullo e ti ou a tua banda poderedes ser unha da 4 finalistas que compitan o sábado 30 de xullo en vivo no festival Asnot 2022.

Coa colaboración de:

Teaser oficial | Asnot Get Back

Teaser oficial | Asnot Get Back

1, 2, 3, 4

🎥 En xuño de 2022 unha equipa de rodaxe recibe información sen precedentes para documentar que The Beatles Show chegaran a Padrón para tocar para a nosa raíña en Asnot 2022. Aquí un pequeno adianto.

🔥 Próximamente o full vídeo

#AsnotGetBack #Asnot2022

Asnot volve ás rúas de Padrón o último fin de semana de xullo

Por orde da Raíña de Asnot faise saber que Asnot 2022 se celebrará os días 29, 30 e 31 de xullo de 2022, e volverá ao lugar onde pertenece, as rúas de Padrón. 

Asnot get back!

A comunidade do Asnot Queendom deberá reservar a última fin de semana de xullo para desprazarse a Padrón coas súas mellores galas nesta elegante cita chea de humor, creatividade e orixinalidade.

Asnot terá, por primeira vez, un formato de tres días no que o casco vello de Padrón se convertirá nun escenario teatral cheo de glamur, sonrisas, e moitos chapeus made in Galicia, conservando a esencia deste participativo, respectuoso e gratuíto festival, e incorporando un novo espazo natural coma escenario principal.

Esta decisión tomada por Palacio faise na procura dunhas datas idóneas para que todas as persoas que se acheguen poidan disfrutar de Asnot durante un fin de semana completo bañado de música, teatro, arte, talleres, mercado e outras moitas sorpresas.

#Asnot2022 #AsnotGetBack

A Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social, ACOLLE, é a destinataria da metade dos fondos recadados en Asnot Garden Party

Padrón, venres 24 de setembro de 2021. – Asnot Asociación Cultural reúnese hoxe en Santiago de Compostela con representantes da Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE para facerlles entrega do talón de 1.500 euros

O pasado venres 30 de xullo de 2021, tras volver encher o aforo en poucas horas, celebrouse Asnot Garden Party no Xardín Botánico Artístico de Padrón co motivo dun pícnic caritativo con fins socio sanitarios para paliar as consecuencias da crise covid na nosa proximidade.

A organización de Asnot, sabendo que un festival a pé de rúa e sen aforo limitado non era posible de momento, procurou unha fórmula encaixada aos valores de Asnot e que non perdera a esencia e o glamur do festival. A Raíña convidou á súa comunidade a un pícnic caritativo bañado de música, teatro e outras artes nos seus fermosísimos Xardíns de Palacio durante unha relaxada tarde de verán. 

Durante a celebración de Asnot Garden Party, cada grupo de convidadas participaron na escolla da asociación con fins socio-sanitarios a onde se destina hoxe a metade da recadación das entradas a través dos Xogos de Asnot que atoparon nas súas mesas.

A Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE, un espazo de acollida para as persoas maiores máis necesitadas e vulnerables que procura en todo momento mellorar a súa calidade de vida. Actualmente agrupa 12 residencias e centros asociados repartidos por toda a xeografía galega, atendendo a un total de 929 residentes.

🌳 Asnot 2021 aftermovie 🌳

~24~ 30 de xullo | #XardínBotánicoArtístico, #Padrón

A Raíña de Asnot Queendom abriu por primeira vez os seus fermosísimos Xardíns de Palacio (Xardín Botánico Artístico de Padrón) para convidar á comunidade a un picnic caritativo durante a relaxada tarde de verán do 30 de xullo de 2021.

Todo bañado de música, teatro e outras artes, e na que a metade dos fondos recadados coas entradas se destinaron a fins sanitario-sociais para paliar as consecuencias producidas pola covid-19 na nosa proximidade.

A Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE, por decisión das persoas asistentes ao festival, é a entidade destinataria da doazón.

Sabíamos que un festival gratuito, a pé de rúa, e sen aforo limitado non era de momento posible. Coidamos a nosa festa (a nós e ás demais) reformulando Asnot sen perder a súa esencia e glamur. Asnot Garden Party foi e é un proxecto que encaixa á perfección cos valores de Asnot e que sorprendeu gratamente a todas as “convidadas».

🌳 Organiza: Asnot Asociación Cultural
🌳 Patrocinadores principais: Turismo de Galicia Xacobeo 20-21| Estrella Galicia 🌳 Co apoio de: Concello de Padrón
🌳 Outros patrocinadores: Gadis | Beefeater | Vermú Petroni
🌳 Colaboradores: Orballo, Hotel Scala, Vino Alberte, Andaina Pro Saúde Mental, Pulpería Rial, A Esquina, Capilla bar, Casa do Patín, Cafetería Casino, Café Cultural Airiños, Confitería Latorre, A Casa dos Martínez, Bar El Cuco, Bar Retro, Panadería Pastelería San José, Sumitesa, Makergal, Distribuciones MyD Galaika, Abanca, Tiendas Pillados, O Liño, Centro Auditivo Baltar, A Tintorería, Óptica Baltar, Agencia Morla, Núñez e Hijos, Musieventos, Adina Xestión, A Palloza, Arañeira Solucións Informáticas, El Centro Fitness Eneida León, C. Tatino, Zapatería Soletess, Oficina Técnica Agrícola, Galagro Ingeniería, LG Broker Gestión de Riesgos, Calzados Noya, Rosi Peluquería
🌳 Música: «Troublant Bolero» de Django Reinhardt, na versión de Alo Django
🌳 Vídeo: La DIAPO fotografía

✨ GRAZAS ✨

E a todas as demais persoas que o fixeron posible. Vémonos en Asnot 2022!

#asnot2021 #asnotgardenparty #aresistencianuncacamiñasoa #xacobeo2021 #etidequenvessendomiñaraíña

Asnot volve a encher Padrón de glamur

O pasado venres 30 de xullo de 2021, tras aprazar o evento do 24 por mor da choiva e volver a encher o aforo en poucas horas, celebrouse, no Xardín Botánico-Artístico de Padrón, Asnot, proba ésta de seres un evento consolidado e con futuro. 

O enclave escollido foi unha grandiosa e quizais única oportunidade para construir neste Ben de Interese Cultural de forma coherente á situación e ao momento, un decorado natural diferencial que encaixa á perfección coa estética e valores das nosas marcas.

Ás catro e media da tarde a Raíña abriu as portas dos seus Xardíns de Palacio á súa comunidade para ofrecer un pícnic con fins socio-sanitarios ás preto de 200 persoas repartidas en mesas de seis, conforme á normativa sanitaria.

Neste emblemático paraxe e ataviadas con creativos sombreiros e elegantes pamelas, as convidadas foron recibidas pola Banda de Música Municipal de Padrón mentres agardaban a chegada da Raíña.

Durante a xornada e dende as súas cadeiras disfrutaron ademais de dous concertos de música con estilo swing, jazz e blues de duas bandas galegas lideradas por mulleres (Le Barluthier e Patricia Moon cun tributo a Amy Winehouse).

Un evento 100% libre de plásticos con música, teatro e outras artes, nos que houbo tamén moeda propia (CUIN), zona de merchandising e incluso un espazo para as máis cativas (LittleAsnot) onde poider fabricar burriños, sombreiros ou caixas de tesouros con material reciclado (coma as caixas de pícnic do evento).

Cada grupo de convidadas poideron participar na escolla da asociación con fins socio-sanitarios a onde se destina a metade da recadación das entradas a través dos xogos de Asnot (Asnot Quiz e Cuingo Musical) que atoparon nas súas mesas ao chegares co obxectivo de facerlles partícipes e de conseguir a interacción entre as convidadas coas pertinentes distancias sociais.

Sobre as nove e media do serán e para rematar esta relaxada tarde de verán, fíxose entrega do premio Xoia da Coroa á creación máis orixinal entre as convidadas de Asnot Garden Party e das persoas que pousaron nos mini-photocalls instalados na hostalaría colaboradora.

A partires das 22h, xa fora do recinto, e para rematar Asnot 2021, proxectáronse
ilustracións de artistas galegas nunha das fachadas da Praza de Baltar, a sempre
casa real de Asnot.

Asnot posponse… ao venres 30 de xullo

Despois das escuras previsións meteorolóxicas para o sábado 24… Despois das tropecentas chamadas a Meteogalicia… Despois de sí non sí non sí non sí non… destes 4 últimos días… E xa sen tempo para decidir… Asnot debe pospoñerse uns días.

Non imos esmorecer!

Asnot Garden Party será único e posiblemente irrepetible. Naceu e desenvolveuse polas especiais circunstancias desta interminable pandemia. Invertimos moito tempo, esforzo e ilusión neste proxecto. E cremos que merece a pena facelo con todas as condicións para que sexa unha xornada inolvidable para Padrón.

Nova data: venres 30 de xullo

Que pasa coas mesas reservadas?

SE TENDES MESA RESERVADA?

Se tendes unha mesa reservada, non te preocupes, as entradas seguen sendo válidas para a nova data.

SE PREFERIDES ANULAR?

Tamén poderedes solicitar a anulación completa da compra poñéndote en contacto coa plataforma das entradas a través do email attcliente@woutick.es indicándolles o evento, a cidade e a referencia da compra (letra seguida de 12 díxitos que atoparás no email de confirmación de compra ou nas entradas impresas).
Data límite inclusive para solicitar anulación: martes 27 de xullo de 2021

E SE QUEREDES SUSTITUIR A ALGUNHA PERSOA DA MESA?

Eso tamén o podedes facer! Queremos atopar solucións aos problemas! Escribídenos ao noso email e vos contaremos como facelo.
Data límite inclusive para sustitucións: martes 27 de xullo de 2021

E SE NON TEDES MESA?

As mesas que anulen por calquer motivo, poñerémolas de novo na nosa web asnot.gal á venda.

Chegaron os CUINs!

Sabes que xa podes facerte cos teus cuins para o AsnotGardenParty en calquera dos colaboradores hostaleiros de Padrón?

Úsaa para pagar dentro do recinto de Asnot Garden Party . Poderás canxeala de novo por euros no punto de troco durante todo o evento.

Nestes locais colaboradores tamén poderás utilizala ou  💱 canxeala ata o 25 de xullo de 2021!

Disfrutemos de Asnot con glamour, humor e moito sentidiño.