Participativo e aberto
O público de Asnot (alto valor engadido) acude coas súas mellores galas e os seus sombreiros e pamelas converténdose en parte do espectáculo
Próximo e social
O propio pobo de Padrón faise partícipe do proxecto implicándose dunha maneira tanxible poñendo en valor os nosos recursos sociais e converténdose en embaixadoras de Asnot.
Asnot consegue reforzar a autoestima e compromiso na nosa comarca e coopera
ademais con entidades de carácter social.
Respectuoso coas persoas e cos animais
Ante a inevitable transformación da popular carreira de burros que organizada polo Concello e evocando á dignidade do burro, Asnot intenta, dende o respecto, actualizar o concepto sen perder a tradición. Actividades de sensibilización, talleres e demais actividades dotan á festa popular dunha serie de valores.
Respectuoso co medio ambiente e a cultura
A través de accións culturais basadas en procesos de participación da comunidade da comarca reforzamos a vinculación emocional e afectiva co territorio e co noso patrimonio natural e cultural.
Eliminación de plásticos, espazos de reciclaxe, priorización de produtos de proximidade, tempada e comercio xusto, 3R.
Feminista
Procuramos o protagonismo das mulleres na equipa directiva, no staff e nas propostas artísticas. Incorporamos transversalidade de xénero a través do emprego dunha linguaxe non sexista e elaborando materiais. Punto lila durante o festival.
Normalización social da lingua
A maioría da programación está formada por bandas e artistas galegas. Toda a nosa comunicación e sinalética en lingua galega. Promoción do patrimonio, do oficio e arte da sombreirería galega, da creatividade artística galega, de bandas emerxentes galegas
Didáctico
A través de xogos, talleres, exhibicións e actividades conséguese sensibilizar á nosa comunidade sobre valores actuais e do proxecto (respecto, feminismo, creatividade, comunidade, conservación e promoción do patrimonio).