CHAPEU CONTEST 2024

EN FR ES

re-visita con mirada presente

1os PREMIOS DE SOMBREIREIRÍA DE ASNOT
“Re-visita a tradición con mirada presente”

O concurso

A tradición crea obxectos prácticos e con un deseño intuitivo que evoluciona co seu uso, adaptándose ás necesidades de cada época, lugar e usuario. Obxectos necesarios para a vida cotidiana e con un uso óptimo, que a través do tempo e coñecementos herdados alcanza a simplicidade cunha perfecta eficacia funcional conseguida pola práctica e oficio. Esta artesanía utilitaria, inspirada na tradición, representa unha riqueza que está moitas veces ameazada pola desaparición.

Que sucede con eses obxectos que, como os sombreiros de uso tradicional, viron esa evolución truncada debido ao seu desuso?

Como evolucionaría no caso de seguir cumprindo a súa función real? 

Evolucionarían na súa estética, nos seus materiais, derivarían en novos usos…?

Para intentar responder de maneira creativa a estas preguntas propoñemos a interpretación de tres sombreiros característicos da tradición galega: pucho, sancosmeiro e monteira.

Aquí as finalistas

Estas foron as sete pezas finalistas dos Primeiros Premios Chapeu Contest de Asnot. Foi súper emocionante ver as vosas re-visitacións destes tres sombreiros da nosa tradición.

Moito orgullo!

Deixámosvos aquí cunha imaxe frontal de cada peza.

A exposición das pezas realizouse en escaparates dos comercios dunha das rúas principais do casco vello de Padrón entre o 18 ao 25 de xullo, creando así unha exposición ao aire libre, accesible e a pé a través dun atractivo e dinamizador paseo.

CATEGORÍA PROFESIONAL:

“Sancosmeiro BERLÍN”
Stephan Dietrich
(Re-visita: sancosmeiro)

“Vilariño ao aire”
Julia Vilariño
(Re-visita: monteira)

“puchÖ2.4”
Constantino Menéndez
(Re-visita: pucho)

“Dancing like the sun”
Amber Van Thull
(Re-visita: sancosmeiro)

“SABELA”
Sara Wendy
(Re-visita: monteira)

“Sancosmeiro PARÍS”
Stephan Dietrich
(Revisita: sancosmeiro)

CATEGORÍA APRENDIZ:

“Patipucho”
Marta Estévez
(Re-visita: pucho)

E as gañadoras

En categoría profesional Amber Van Thull coa súa peza “Dancing like the sun” re-visita un sancosmeiro na súa clave máis poética.

Na categoría aprendiz Marta Estévez e a súa peza “Patipucho” que re-visita un pucho de montaña en clave irónica e reivindicativa.

Grazas a todas as participantes e as súas propostas que fixeron, deste primeiro Premio Chapeu Contest de Asnot un gran éxito para nós e confirma que este premio de sombreireiría chegou para quedarse!

Os premios foron entregados durante o festival Asnot no Chapeu Market:

A entrega de premios, profesional e aprendiz no Paseo do Espolón.  

Grazas á Deputación da Coruña, ao Concello de Padrón , a Artesanía de Galicia e a Pasqual Arnella e a todas as persoas que dunha forma ou outra apoiaron esta primeira edición do Chapeu Contest.

Calendario 2024 (NOVAS DATAS!)

11 abril – 23 xuño 4 xullo
Inscrición ao concurso (formulario de participación)

24 xuño 5 xullo
Selección de finalistas

7 xullo 15 xullo
Último día de recepción de pezas finalistas

14 xullo 18 xullo – 25 xullo
Exposición de pezas finalistas

17 xullo 20 xullo
Selección de gañadores (profesional e aprendiz)

24 xullo
Entrega de premios