Little Asnot
A paso lento
O paseo con burros por Padrón de Asnot
![](https://asnot.gal/wp-content/uploads/2021/07/Asnot-23-1024x683.jpg)
Tomás, o mellor amigo dos burros explícanos todo sobre estes animais, o seu carácter, os seus coidados, e outros datos moi interesantes.
Dende o Paseo do Espolón damos un paseo cos burriños, subidos, por turnos, a un carro que algún dos animais tirará.
Durante o percorrido as crianzas poden acariciar aos burros (encántalles!), peinalos, darlles cenouras e mazás e disfrutar desta agradable compañía.
Brincasnot
Saltos de burros de pau de Asnot.
![](https://asnot.gal/wp-content/uploads/2021/07/Asnot-77-1024x683.jpg)
Que e?
Todo o que se necesitas para comezar é un pau e moitas gañas de pasalo ben.
BrincAsnot é un deporte con elementos de ximnasia no que a doma e o salto son os elementos clave.
A esto hai que engadirlle a túa liberdade de crear e imaxinación (construcción do burro de pau, vestimenta dx xinete, doma…).
En que consiste?
1) Elabora o teu burro de pau, decórao e vístete como imaxines. A creatividade dx participante non contén reglas.
2) Franquea co teu burro de pau un percorrido de varios obstáculos (numerados) construídos con barras e outros, e por orde, intentando cometer o menor número de penalizacións posibles.
3) Tamén puntuará positivamente a doma libre.
4) Valorarase a creatividade na construción do burro de pau e na caracterización da amazonas ou do jockey.
Coma un burro e o seu xinete, o burro de pau e ti (“binomio”) formades un equipo, e por tanto, cada burro de pau só poderá participar cun dos xinetes ou amazonas.
![](https://asnot.gal/wp-content/uploads/2021/07/Asnot-80-1024x683.jpg)
Bebeteca
Asnot conta cun espazo de relax, coidados e xogos dirixido ás crianzas de 0 a 3 anos. A bebeteca está pensada para cubrir as necesidades básicas de nais/pais e bebés. Unha zona na que aleitar, cambiar cueiros… con comodidade, e na que as familias poderán descansar mentras as crianzas xogan, no chan e de forma autónoma, baixo a supervisión de seus pais/nais, nun lugar pensado para fomentar o movemento e xogo libres.
![](https://asnot.gal/wp-content/uploads/2021/07/Asnot-192-1024x683.jpg)
Talleres infantís
Un espazo adicado ás crianzas onde poden disfrutar de xogos, talleres creativos e actividades. Un lugar pensado para as máis cativas onde fan uso da súa imaxinación mentras aprenden.
![](https://asnot.gal/wp-content/uploads/2022/04/Asnot.21-292-1024x683.jpg)