Asnot participa na xornada “Diálogo Sobre Cultura Rural Sustentable”

De esquerda a dereita: Yeya Gilino, Jorge “Minas”, Marga Pazos e Evaristo Méndez

A Asociación de Desarrollo Local de Deloa coordina o proxecto de cooperación interterritorial titulado «A xestión da sostenibilidade en eventos culturais con espectáculos en directo no medio rural», no que participan un total de nove grupos de desenvolvemento rural, 8 pertencentes á comunidade autónoma de Galicia e un a Extremadura.

No marco deste proyecto tivo lugar onte, domingo 28 de agosto de 2022, no Espazo Mans dentro do Festival da Luz (Boimorto), unha mesa de diálogo sobre a Cultura Rural Sostible, presentada por Marga Pazos, na que participaron como ponentes Yeya Gilino (Asnot), Jorge Domínguez “Minas” de Vibomask (Festival Internacional Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso) e Evaristo Méndez de A Pisa da Castaña (Froxán, Folgoso do Courel).

Yeya Gilino de Asnot explicaba a importancia do vínculo dos proxectos culturais coas persoas ás que van dirixidos. De como así conectan coas vivencias da xente, que fai suas as reflexións e experiencias que se lle plantexan e é partícipe do que sucede avanzando na idea de construir un pobo mellor.

Xornada “Diálogo Sobre Cultura Rural Sustentable” coordinada pola Asociación de Desarrollo Local Deloa