De entre un total de 4 finalistas, dous son os ganadores do primeiro concurso de bandas de Asnot “Asnot Busking“. Un concurso organizado por Asnot que conta coa colaboración e Estudios Mans da Fundación Paideia.
Hoxe domingo 31 de xullo, o xurado profesional decidiu que a banda que gravará, mezclará e masterizará dun single e un vídeo promocional nos Estudios Mans será Paraíso Canto.
E gracias ás aportacións do público durante o festival El Corta será cabeza de cartel de Asnot 2023.
Moitísimas gracias a todas as bandas participantes e a todas as persoas que apoiades este proxecto.
A volta de Asnot inundará Padrón de creatividade e elegancia durante a última fin de semana de xullo
Hoxe presentamos Asnot 2022 no hall do Auditorio de Padron acompañadas das nosas principais alianzas e colaboracións onde recalcamos o noso compromiso social coa comunidade. Máis que nunca a nosa programación centrase no respecto, a sustentabilidade e a responsabilidade social, medioambiental e económica.
De esquerda a dereita: Cruz, Belén Xestal (presentadora), Carmina Bustelo (Concelleira de Festexos do Concello de Padrón, Cristina Codesido (Fundadora de Vermú St. Petroni), Goretti Castro (Manager Cultura, Proximidad y Gastronomía en Estrella Galicia), Félix de Martin (sombrereiro) , Darío Autrán (director e guionista do vídeo “Asnot Get Back”), Cecilia Pereira (Comisaria do Xacobeo 2021·22), Ozores (Asnot), Yeya (Asnot) e Josito Porto (actor principal “Asnot Get Back”)
Con metodoloxía participativa, código ético da sustentabilidade e esforzo en canto a responsabilidade social, medioambiental e económica, Asnot, nesta edición, integra na súa programación accións coma unha intervención na fachada de O Rincón que traduza vivencias e recordos deste espazo social nun mural, un relato visual da historia padronesa. A inauguración do Chapeu Market, un punto de encontro profesional do sombreiro onde se lle dará visibilidade á artesanía de Galicia a través de catro proxectos: A Eito, Blade-Hats, Félix de Martin e Julia Vilariño. A socialización do noso patrimonio sucederá en diferentes obradoiros, onde a voz das protagonistas en primeira persoa e os seus saberes serán partillados. A intervención artística sobre burros de madeira Os Burros de Asnot no Xardín Botánico reinterpretando o evento dende diferentes disciplinas e puntos de vista. Ou a final do concurso Asnot Busking o sábado 30, destinado a bandas emerxentes que, coa colaboración dos Estudios Mans, procura fomentar a creatividade musical integrándoo dunha forma natural no festival.
Dirixido por Darío Autrán e interpretado por Josito Porto, a curtametraxe promocional de Asnot 2022, fíxonos intuir a banda cabeza de cartel deste ano, Abbey Road, un dos mellores tributos do mundo a The Beatles que se propón desatar o fenómeno fan deste participativo e gratuíto festival.
Por último, ademais de outros concertos e actividades diversas, este ano Asnot presenta o venres a Camila de Asnot, unha personaxe ilustrada que nos contará a súa historia e valores a través dunha proxección de ilustracións creadas en vivo combinada cunha sesión en vinilo de sons sistis.
Hoxe martes 13 de xullo ás 10:00 estrea da curtametraxe “Asnot Get Back”
Xa é oficial! 🔥 Asnot Get Back! E volve desatando o fenómeno fan 29|30|31 xullo · Padrón 🎩 👒 Prepárate!
#AsnotGetBack #Asnot2022
————————————————————-
📽️ Curtametraxe promocional Asnot 2022 📽️
GUIÓN E DIRECCIÓN: Darío Autrán
REALIZACIÓN: Abismo Caracol
FOTOGRAFÍA: La Diapo Fotografía
ELENCO: Josito Porto Santi Baltar Ozores Yeya
AGRADECEMENTOS: Richard de Estudio 54 Abanca Manolo (escarabello) A Taberna do Tarela Rial Dolores Gilino Concha San Martín MMIS Ópticos Belén García Concha Gilino Xoiería Escotti José Á Ferrón Xosé Saiáns Blanca Gilino Dolores San Martín Pitita Rei Dolores la de Chalo Lola Rianxo José M Pérez Hadri Rei Manolao
IDEA ORIXINAL Asnot
————————————————————-
ASNOT 2022 [ Turismo de Galicia | Xacobeo 21·22 | Xunta de Galicia | Concello de Padrón | Estrella Galicia | Petroni | Gadis | Estudios Mans ]
INFORMACIÓN IMPORTANTE: Todos os obradoiros son gratuítos, os, aínda que para asegurar as reservas das prazas solicítase unha doazón de 5 euros que será destinada a “O Fogar do meu Burro