Grazas a todas pola confianza en Asnot. En poucos días viviremos convosco esta edición especial no fermosísimo Xardín Botánico-Artístico de Padrón.
Sabedes que nos encantaría que todas estivérades con nós en Asnot Garden Party. Mais a situación non nos permite de momento que sexa así. Sexamos pacientes! Coidémonos de nós e dos demais!
Dende xa podedes conseguir a vosa mesa de 6 persoas para disfrutar do festival nun enclave único onde natureza, teatro, música, sombreiros e sorpresas se unirán durante unhas moi divertidas horas: Asnot Garden Party
Sen perder a esencia e o glamur, desenvolvemos un proxecto que encaixa á perfección cos valores de Asnot no que parte dos fondos recaudados destinaránse a fins sanitario-sociais para paliar as consecuencias producidas pola covid-19 na nosa proximidade.
Será unha edición de transición e tamén unha oportunidade para vivir unha experiencia única nun fermoso espazo natural: o Xardín Botánico Artístico de Padrón.
Sabemos que un festival gratuíto, a pé de rúa, e sen aforo limitado non é posible (de momento). Dende a organización de Asnot estamos a traballar co mesmo tesón e ilusión para poder manter o espírito de Asnot sen riscos para ninguén.
Convírtete nunha elegante invitada da nobreza compostelana ou no sobriño do Conde de Valga, na princesa de Rois ou na curmá da Raíña.
Sorprende á Raíña de Asnot coa túa orixinal pamela ou teu elegante sombrero. Customiza o gorro ao estilo Asnot, a Xoia da Coroa agarda por ti!
Non haberá hipódromo onde celebrar os concertos, nin Flea Market, nin casa real. Non haberá actividades que poidan poñer en risco a ninguén. Debemos ter paciencia e coidado e estaremos orgullosas do noso pasado.
SÍ haberá mini-photocalls nos establecementos colaboradores onde posar co teu orixinal sombreiro ou colorido tocado e poder optar á Xoia da Coroa. Queremos que calquera persoa que se achegue a Padrón ese día poida participar nos premios.
SÍ haberá proxeccións de ilustradoras galegas reinterpretando Asnot na Praza de Macías durante a noite do 24 de xullo.
E por enriba de todo, sí haberá moitísimas ganas de disfrutar de Asnot, con glamour, humor e sentidiño!
Por que colaborar con Asnot 2021? Para manter o espírito de Asnot neste momento de transición Porque Asnot dinamiza o casco vello Porque Asnot xera marca Padrón Porque Asnot coloca a Padrón no mapa galego dos festivais Porque Asnot atrae a diferente tipoloxía de público Porque Asnot conseguiu romper as barreiras de público, idade e número de asistentes Porque Asnot amplía o abanico de ocio Porque Asnot ten un enorme impacto mediático Porque Asnot consigue aumentar a autoestima da poboación local Porque Asnot reforza a vinculación emocional e afectiva co territorio Porque Asnot pon en valor os recursos sociais, medioambientais e patrimoniais dos que dispoñemos Porque en Asnot a propia veciñanza faise partícipe do proxecto e implícase de forma activa Porque queres formar parte deste proxecto
Como colaborar con Asnot 2021?
Forma:
Enviando un email a asnotfestival@gmail.com cos datos do teu comercio ou local e o xustificante do teu ingreso na conta de Abanca da Asociación Cultural Asnot (ES32 2080 0304 6330 4002 8041).
Cuota:
A. BARES E RESTAURANTES do CASCO VELLO: 50€ B. RESTO (comercios, bares fora do casco, hoteis, etc.): 25€
Prazo:
Ata o 1 de xullo de 2021
Recompensa:
A. BARES E RESTAURANTES do CASCO VELLO: a. Recibirás un mini-photocall para colocar no teu establecemento durante o festival. b. Recibirás un distintivo acreditativo oficial para poñer no teu negocio. c. Aparecerás na nosa nova web. d. Nomeáremoste nas redes sociais de Asnot.
B. RESTO: a. Recibirás un distintivo acreditativo oficial para poñer no teu negocio. b. Aparecerás na nosa nova web. c. Nomeáremoste nas redes sociais de Asnot
Fai uns días visitamos a Tomás, a alma de «O Fogar do Meu Burro», un Centro de Terapia con burros ubicado na aldea de Lamas.
Fixémoslle entrega da doazón anual da nosa Asociación Cultural. Contounos que axudoulle a conseguir unha amorosa e amplia albarda feita de palla e coiro para protexer a este paciente e tranquilo animal da carga, e tamén para que quen suba a él poida dar longos e cómodos paseos.
O equipo de organización do festival levamos semanas cuestionándonos se é ou non correcto e adecuado seguir en marcha coa edición 2020. O noso desexo sería poder levalo a cabo sen por en risco a ningunha das persoas veciñas, artistas, nin participantes de Asnot. Mais ante as actuais circunstancias nas que nos atopamos non sendo quen de garantir os mínimos imprescindibles en canto a seguridade sanitaria e tras a falta de instruccións concretas por parte das autoridades respecto ao que sucederá coa celebración de festivais e festas populares, debemos ser honestas e aprazar o evento a 2021.
Non queremos rematar este comunicado sen agradecer a vosa paciencia, comprensión e compromiso futuro de todas vós: participantes, patrocinadores, equipo, amizades, e todas as persoas partícipes neste pequeno gran proxecto que vai crecendo convosco. As razóns sanitarias parécennos suficientes para tomar esta difícil decisión e estamos convencidas que é o mellor para todas as persoas implicadas.
Mais non tardaremos tanto en vernos! Engadir que continuamos traballando con moita ilusión no avance desde proxecto e pronto coñeceredes algunhas das actividades culturais que vos temos preparadas para este ano.