Protexe, respecta e coida o Xardín.
Asnot Garden Party ten o privilexio de localizarse nun fermosísimo espazo natural no centro de Padrón. Un evento nun enclave único ao aire libre, con aforo limitado, onde natureza, teatro, música e sombreiros uniránse durante unhas emocionantes horas.
O Xardín Botánico de Padrón permítenos minimizar os riscos. Contamos cun espazo de máis de 10.000 m2 en plena natureza. Pero iso non debe facer que perdamos de vista a seguridade, tanto de nós coma deste Ben de Interese Cultural onde nos atoparemos.
Normas e recomendacións
- Para evitar aglomeracións acode con suficiente antelación.
- Pódese entrar e saír en todo momento.
- Haberá indicacións de circulación para evitar aglomeracións innecesarias.
- Manten a distancia de seguridade en todo momento.
- O uso correcto da mascarilla é obrigatorio en todo o recinto.
- Lávate frecuentemente as mans. Contaremos con dispensadores de xel hidroalcohólico.
- Limita os movementos no recinto o máximo posible e utiliza só as zonas delimitadas.
- Non arroxes nada ao chan, hai papeleiras repartidas polo xardín.
- Prohibido fumar excepto nas zonas habilitadas.
- Todas as menores de idade deben traer a autorización asinada (autorización menores de 16 anos ou autorización menores 16 e 17 anos) e vir acompañadas (as de 16 e 17 anos non precisan acompañamento).
- As menores de 6 anos (0-5) non computan poidendo estar un máximo de 4 crianzas de 0-5 en cada mesa.
- Por motivos de seguridade e hixiene non se permite entrar con comida e bebida de fóra (a excepción da “comida para bebés (potitos) en recipientes de plástico”).
- Se o evento debe aprazarse por condicións meteorolóxicas adversas, a reserva será para a nova data ou poderedes recuperar o importe da entrada (menos gastos xestión).
- A programación e os aforos poden verse modificados por medidas anticovid-19 decretadas polas autoridades sanitarias competentes.
Contamos coa túa responsabilidade e colaboración.
AVISO: Se desenvolves síntomas sospeitosos ou pensas que tiveches algún contacto estreito con contaxiadas por Covid, rogamos non acudas ao evento.