Transparencia

EN

#AsnotQuitaOSombreiro
O festival Asnot de Padrón decide parar este ano para reforzarse e reivindicarse.
#VémonosEnAsnot2024

Este ano non se celebrará o festival Asnot

Queremos mellorar con cada edición do festival Asnot, ser máis transparentes para que nos coñezas mellor, vexas como funcionamos e esteas ao día do que sucede detrás da cortina de Palacio.

Por iso comezamos por explicar por que neste 2023 non haberá Asnot:

A falta de confirmación por parte do Concello de Padrón fainos incomprender o seu apoio. O 25 de xaneiro de 2023 tivemos unha reunión coas concelleiras de Festexos e Cultura no Concello de Padrón e, a dous meses do 24 de xullo de 2023, data que solicitamos para celebrar o festival Asnot, seguimos sen ter resposta. E organizar un festival coma Asnot leva moito tempo.


Esta falta de permisos foi tamén o motivo de que en 2022 tiveramos que movernos da acostumada data do 24 de xullo. O goberno local non nos outorgou disposición da Praza de Macías e, ao caer en domingo o 24 e haber feira no Paseo do Espolón, vímonos na obriga de trasladalo de data por ter coma localización alternativa este espazo do casco vello.

As Camelias colaborador

Pensabas que a nosa transparencia acababa aí? Nada diso!

Tamén compartimos contigo o manifesto e as contas da asociación, para que non queden dúbidas:

Manifesto

  1. Asnot é un festival cultural interxeracional e público que se celebra en Padrón e ao que pode asistir quen o desexe, porque para nós a cultura é un ben común.
  2. Asnot Asociación Cultural organiza o festival coa participación e o apoio material e inmaterial dos patrocinadores, dos negocios colaboradores de Padrón, da veciñanza, das asociacións culturais e das entidades públicas da vila. Este aporte é imprescindible para poder celebrar o festival e que sexa público e gratuíto para ti.
  3. Asnot Asociación Cultural é unha agrupación sen ánimo de lucro, o que significa que as persoas que a integran non reciben compensación económica por organizar nin celebrar o festival.
  4. A organización do festival Asnot é un traballo voluntario que combinamos cos nosos traballos remunerados, tarefas diarias e obrigas familiares.
  5. Asnot naceu como unha parodia de Ascot, un festival británico que se celebra arredor das carreiras de cabalos ás que a xente asiste de etiqueta, que adaptamos con retranca ao contexto padronés.
  6. Esta retranca intégrase tamén coa intención de desenvolver ideas e costumes de Padrón para adaptalos aos tempos, xa que o burro e o asno son animais en perigo que debemos coidar. 
  7. Non podemos obviar que sacar os burros do seu entorno diario e sometelos á tensión da correr polas rúas e a estar rodeados de xente non só altera os animais, senón que co estrés que esta situación lles produce tamén lle poderían facer dano a alguén.
  8. Con cada edición do festival desde 2018, Asnot Asociación Cultural doa parte dos ingresos a “O fogar do meu burro” de Ames como mostra do seu compromiso polo coidado destes animais.
  9. Promovemos a riqueza cultural padronesa, a artesanía galega da sombreirería, a música de bandas emerxentes galegas e, en xeral, a creatividade artística galega e en galego. 
  10. Sempre procuramos a incorporación e a visibilidade das mulleres en todos os ámbitos da asociación e do festival, desde as propostas artísticas ata a equipa directiva.
Baltar colaborador

Desde o inicio de Asnot organizamos o festival coas nosas mellores intencións e bo facer e estamos orgullosas do que fomos conseguindo con cada edición. Temos claro que non o teriamos conseguido sen o apoio da veciñanza padronesa e das achegas económicas e de materiais que nos proporcionaron xunto cos patrocinadores e entidades públicas.

E como para nós este festival debe ser público e gratuíto para que poida celebralo xente de todas as idades, consideramos imprescindible a colaboración do Concello para conseguilo. Por iso solicitamos diálogo e a súa participación activa.

E as contas

Ademais, sabemos que non hai mellor cousa ca que ti vexas os números para que comprobes cos teus ollos as contas de Palacio. Así que expoñemos publicamente os ingresos e gastos que se fixeron para o festival Asnot desde o ano 2018 que nos constituímos como asociación: