Por que Asnot Garden Party?

A saúde prima!

Dende a organización estamos a traballar co mesmo tesón e ilusión para poder manter o espírito de Asnot sen riscos para ninguén.

Asnot 2019 hipódromo
Asnot 2019

Sabemos que un festival gratuito, a pé de rúa, e sen aforo limitado non é posible… de momento! Debemos coidar a nosa festa coidándonos primeiro a nós a ás demais.

Así que Asnot debe reformularse. Sen perder a esencia e o glamour, desenvolvemos Asnot Garden Party, un proxecto que encaixa á perfección cos valores de Asnot e que sorprenderá a todas as “convidadas”.