Picnic Asnot

Picnic Asnot 2022

Durante Asnot 2022 poderás probar 5 propostas de picnic gourmet con opcións sen glute e veganas elaboradas por 5 establecementos do casco vello de Padrón (A Casa dos Martínez, Panadería San José, Pulpería Rial, Retro e Século XX) e cun PVP de 8 cuins!

Recolle a túa elección e degústaa nas zonas picnic habilitadas en ASNOT ROAD (Espolón) e XARDÍNS DE PALACIO (Xardín Botánico Artístico).

Unha forma moi british de probar as delicias locais padronesas!