Os burros de Asnot II: concienciación social a través da expresión artística.

CONCIENCIACIÓN SOCIAL A TRAVÉS DA EXPRESIÓN ARTÍSTICA

En Asnot 2022 propuxémoslle a catro artistas de diferentes disciplinas un desafío: plasmar a súa obra sobre un burro de madeira.

Na edición 2024 quixemos que as artistas foran as crianzas da nosa comarca.

Es sabido que a través da arte as crianzas melloran as súas habilidades na resolución de problemas e fomentan a autoexpresión, ademais de desenvolver a capacidade de análise e pensamento crítico e a apreciación estética, a orixinalidade e a iniciativa.

Así que, nesta segunda edición de “Os Burros de Asnot” propuxémoslle a catro escolas da contorna que o seu alumnado se implicara no proxecto utilizando a expresión artística como forma de conciencia social.

E aceptaron!

Pintando! Creando! Vestindo!
  Aprendendo! Pegando!
    Compartindo!
      Ou o que se lles ocurreu! 

Interviñeron artísticamente sobre un burro de madeira con toda a liberdade creativa das crianzas e utilizando materiais sostibles ou reciclados conseguindo plasmar en conxunto e colaboración os valores dos proxectos traballados en aula. Previamente falicitámoslles unha unidade didáctica sobre o burro e un espazo informativo para a recollida de novas curiosidades sobre os burros nas entradas dos coles.

Os catro burros de madeira do alumnado de CEIP Flavia, CRA de Dodro, CPPI dos Dices e CPI Eusebio Lorenzo Baleirón quedaron marabillosos.

Cada burro de madeira resultante formou parte do festival e estivo exposto na zona infantil de Asnot, o Little Asnot, durante todo o 24 de xullo de 2024. 

Quedaron maravillosos!

Ademáis a información aportada polas escolas foi recurso para a creación dun xogo de mesa de preguntas verdadeiro-falso que se colocou na mesma zona do festival para que as crianzas puxeran a proba o aprendido e se divertiran compartindo coñecementos e tempos con outras crianzas.