Na praza de Baltar, paralelamente ao Chapeu Market de Asnot 2022, impartíronse catro talleres creativos relacionados co chapeu:
—- OBRADOIROS CHAPEU MARKET —-
Non o tires, dalle unha volta
_ FÉLIX DE MARTIN _
Sábado 30 de xullo de 2022, de 11:00-14:00
Máx. 6 persoas
Taller de reciclaxe de chapeus en desuso ou deteriorados.
Daremoslle nova vida a través de técnicas de pranchado e repatronaxe.
Eu son Félix de Martín, os meus inicios na sombrereiría foron de casualidade. Aínda que a miña relación coa costura sempre foi moi próxima, nunca pensei en adicarme a este maravilloso oficio. O encontro coa sombreireira Charo Iglesias no seu taller de Madrid fíxome tomar conciencia da existencia de este oficio tan creativo, tan técnico e tan libre ao memo tempo, e con un campo tan grande de acción. Despois viñeron outros talleres de Francia e Italia e moitas horas de taller e de facer, para seguir aprendendo día a día, esta vez no meu propio taller .
MATERIAL NECESARIO: Chapeu e un pequeno costureiro con agullas, fíos, tesoiras, dedal, etc.
NOTA: Para este obradoiro será preciso que enviedes unha foto do voso chapeu cando os inscribades para preparar con antelación as accións que vou a propor facer con él.
Aparellos e ferramentas artesanais para os chapeus
_ BLADE-HATS _
Sábado 30 de xullo de 2022 de 17:00-17:30
Máx.: 7 persoas
Poderás ver e coñecer o funcionamento das distintas ferramentas coas que traballo día a día. Construídas por meu pai.
Eu son Marcos Souto, de Blade-Hats, amante do rock, adentréime no mundo da sombrerería fai dous anos e medio. Case todas as nosas creacións, están inspiradas nas miñas cancións e artistas favoritos.
Plumeando
_ JULIA VILARIÑO _
Sábado 30 de xullo de 2022, de 17:30-19:00
Máx.: 8 persoas
Neste obradoiro aprenderemos a facer plumas con tecido, a darlles movemento e a montalas nun broche ou adorno para o cabelo.
Eu son Julia Vilariño, e cada unha das pezas que realizo básanse na máxima de ofrecer un produto único e con alma. Cada sombreiro leva parte de mín: da miña historia, do meu entorno, as pasións que me rodean, o imaxinario que sobrevoa a miña cabeza e, como non, miña terra, Galicia.
MATERIAL NECESARIO: Tesoiras que corten tea.
NOTA: Este obradoiro tamén está dirixido a adultos e a crianzas a partires de 8 anos acompañadas.
“Trenzando palla”
_ A EITO _
Domingo 31 de xullo de 2022 de 10:30-11:30 e de 12:00-13:00
Máx.: 5 persoas
Obradoiro onde aprenderemos a trenzar a palla, coñeceremos o proceso para obter o material e elaboraremos unha pequena peza.
Eu son Manola Places de A Eito, unha artesá de Cabo de Cruz que traballa con palla de centeo sombreiros Sancosmeiros e outros complementos.
MATERIAL NECESARIO: Unha tesoira pequena con punta
Cómo inscribirse?
Envíanos un email a obradoiros@asnot.gal co teu nome e o obradoiro escollido.
Ou se non o fixeches previamente, pásate polo Chapeu Market durante o festival e infórmate de como!
Información importante:
Todos os obradoiros son gratuítos, aínda que para asegurar as reservas das prazas solicítase unha doazón de 5 euros que será destinada a “O Fogar do meu Burro“.