Onde van os nosos ríos

Onde van os nosos ríos?
Reciclando e repensando os ciclos da vida

Martes, 23 xullo 2024
De 11:30h – 13:30h
Obradoiro de arte contemporánea para familias. De 4 a 10 anos

O obradoiro é de balde
Non se precisan coñecementos previos.
Prazas: 12 menores, acompañados cada un por un máximo de 2 adultos
Inscricións

Coordinación: Xiana I Gilino
Dirección: Sara Donoso

Sara Donoso

En Asnot 2022 chegou unha nova actividade a Asnot!

Un obradoiro deseñado para que as familias con nenas e nenos entre 4 e 10 anos poidan disfrutar e explorar o mundo da arte contemporánea mentres reflexionan sobre o coidado da nosa terra e desenvolven as súas habilidades creativas.

Que fixemos no taller?

Durante este obradoiro reflexionamos sobre os ciclos da vida e sobre a importancia de coidar a nosa contorna. A partir da pregunta Onde van os nosos ríos? traballamos conceptos como a reciclaxe, a reutización de residuos e a capacidade da arte como motor de cambio.

Cos residuos recollidos nas andainas realizadas á beira do río e no paseo do Espolón (dentro da actividade “1m2 contra la basuraleza” organizada por Padrón Solidario e promovida por SEO/BirdLife e Ecoembes), creamos cápsulas do tempo para localizar accións contaminantes e protexer a paisaxe. Tamén realizamos composicións abstractas baseadas na técnica do knolling e construímos unha instalación conxunta empregando restos de lixo, nasas e elementos do bosque e do mar.

Toda unha viaxe creativa que nos levou desde o río ata a súa desembocadura para mergullarnos nos recursos da natureza.

A longo deste obradoiro inspirarémonos no traballo de María Arceo, artista galega afincada en Londres, para descubrir a potencialidade dos residuos como material de creación.

Instalación. María Arceo.