IV Brincasnot: Os saltos de burros de pau de Asnot

Que é Brincasnot?

Brincasnot é un deporte con elementos de ximnasia no que a doma e o salto son os elementos clave. A esto engádelle a liberdade de crear e a túa imaxinación (na construcción do burro de pau, na vestimenta da xinete, na doma…).

En que consiste?

Todo o que necesitas para comezar é un pau e gañas de pasalo ben.

1) Constrúe o teu burro de pau, decórao e vístete ti como imaxines. Valorarase a creatividade na construción do burro de pau e na caracterización da xinete. A creatividade da participante non ten reglas.
2) Por equipos, franquearedes co voso burro de pau un percorrido de varios obstáculos (numerados) construídos con barras e outros materiais intentando cometer o menor número de penalizacións posibles.
3) Recorda tamén que puntuará positivamente a doma libre (moita imaxinación!!).

Coma un burro e a súa xinete, o burro de pau e ti formades un equipo, e por tanto, cada burro de pau só poderá participar cunha das xinetes.

Cando e onde?

Na celebración de Asnot 2022. O sábado 30 de xullo de 2022 pola mañá en Padrón.

Información importante

Idade da crianza: Entre 4 e 11 anos cumpridos o 30 de xullo de 2022.
Máximo número de participantes: 30 crianzas (por orde de inscrición).
Prazo de inscrición: Dende o 19 de xuño ata o 10 de xullo (ou ata completar aforo)

Inscríbete aquí

Nome e apelidos da crianza que participará no IV Brincasnot
A crianza debe ter entre 4 anos a 11 anos cumpridos o 30 de xullo de 2022
Correo electrónico da nai/pai/responsable da crianza