Estilo Asnot

A protagonista de Asnot es ti.

Asnot convírtese cada ano nunha elegante cita onde tocados orixinais, pamelas extravagantes, sombreiros creativos e a túa máis auténtica orixinalidade mestúranse nun ambiente de humor e respecto.

Cada 24 de xullo a sociedade do Asnot Queendom vístese de gala para a chegada da súa Raíña sumerxíndose no seu personaxe. Convírtendose nunha elegante invitada da nobreza compostelana ou no sobriño do Conde de Valga, na princesa de Rois ou na curmá da Raíña. Todo vale!

#etidequenvessendomiñaraíña

Xoia da Coroa

Sorprende cada ano á Raíña coa túa orixinal pamela ou o teu elegante sombreiro customizado. A túa creación pode ser agraciada da distinguida “Xoia da Coroa”, o exclusivo premio á creatividade. O único límite, a imaxinación.