Colaboras?

Colaboras?

O maior valor de Asnot é o compartido.
Asnot naceu e creceu co apoio do seu pobo e quere seguir facéndoo.

Arañeira colaborador

Deixámosvos aquí abaixo unha proposta de colaboración, afirmando que intentaremos visitarvos a todas para compartir a visión deste proxecto e escoitarvos.

En que consiste a colaboración básica?:

Queremos facervos partícipes deste beautiful proxecto. Ser colaborador (ver cota correspondente máis abaixo) conleva unha serie de contraprestacións:
1.   Entregarémosvos un distintivo acreditativo oficial deste ano para o voso local
2.  Mencionarémosvos nas RRSS, web e newsletter de Asnot.
3.  Incluirémosvos no mapa de colaboradores Asnot 2024
4. Darémosvos un lote de rifas para entregar á vosa clientela coas compras ou gastos. Poderán entrar no sorteo de diversos agasallos.

E a colaboración “royal”…:

PARA A HOSTALARÍA: Queremos animarvos ademais a participar no primeiro concurso de tapas “glamurosas” de Asnot que incluiremos na nosa comunicación e que contará cun premio á tapa gañadora. Xa estás a pensar nalgunha creación?

PARA OS ESCAPARATES DA RÚA LONGA E CONTORNA: Podedes formar parte da exposición de sombreiros finalistas do Chapeu Contest de Asnot. Este ano naceron os Primeiros Premios á Sombreireiría de Asnot, e queremos que a exposición teña lugar nas rúas do casco vello de Padrón. Os escaparates da contorna da rúa Longa (arredor de 10 comercios) serán os espazos acolledores das pezas finalistas.


Cubre este formulario para convertirte en colaborador Asnot 2024:

Escribe aquí o nome do teu negocio
Escribe a dirección do teu negocio para utilizar coma ubicación no mapa de Asnot
Se tes conta en Instagram, escribe aquí o teu perfil en Instagram para poder etiquetarte en futuras publicacións. Por exemplo @asnotfestival
Escribe o teu teléfono de contacto
Escolle de entre as opcións, a que máis se achegue a ti.
Marca esta casilla se queres formar parte de Asnot 2024
Os sombreiros finalistas dos Primeiros Premios de Sombreireiría de Asnot queremos que se expoñan en escaparates de comercios (arredor de 10) do casco vello, na contorna da Rúa Longa, e conseguir así crear unha exposición ao aire libre e accesible a pé de rúa.
Marca as casillas nas que queiras participar: as dúas casillas, unha ou ningunha.
REMATAMOS! Preme no botón de abaixo "Quero colaborar con Asnot 2024" e envíanos toda a info!

Cota colaboración:

Hostalaría do casco antigo: 75 €
Resto de establecementos:
40 €

NOTA: O pago realizarase na conta da Asociación Cultural Asnot tras a inscrición do establecemento como colaborador.