A pinacoteca de Asnot

Sabías que dende que Asnot saiu da taberna O Rincón a conquistar as prazas do casco vello de Padrón e converterse nun festival, un/ha artista plástica, en cada edición diferente, recrea a escena nunha pintura realizada en directo plasmando sobre o lienzo a escena de cada edición?

Aquí vos amosamos algunha imaxes:

Asnot 2017. Carlos Triñanes
Asnot 2018. Carmen Obeso
Asnot 2019. Martín Peixe
Asnot 2021. Lara Barreiro
Asnot 2022. Yasmina F. Luaces

Gustaríache formar parte da nosa pinacoteca?
Escríbenos a asnotfestival@gmail.com

Nacen os Primeiros Premios de Sombreireiría de Asnot “CHAPEU CONTEST”

Este ano será a primeira edición dos Premios de Sombreireiría “Chapeu Contestque se enmarcan dentro das actividades que forman parte do festival Asnot en Padrón (A Coruña, España).

A Asociación Cultural Asnot de Padrón convoca un Premio Internacional de Sombreireiría apoiado pola Fundación Artesanía de Galicia. Xunta de Galicia e o Museo do Pobo Galego para afianzar a importancia que ten o sombreiro no desenvolvemento do propio festival e procurar facer de Asnot un referente na potenciación e divulgación do mundo do sombreiro. Ademais deste concurso haberá outras actividades deseñadas en Asnot con este propósito.

Esta primeira edición, Chapeu Contest 2024, ten como obxectivo dar a coñecer e por en valor a sombreireiría tradicional galega, que, aínda que é moi recoñecible, tamén é unha gran descoñecida na súa variedade e historia.

Escolléronse tres pezas de cabeza moi distintivas do noso traxe tradicional: pucho, monteira e sancosmeiro. As participantes no concurso terán que investigar e revisitar estes sombreiros respectando as súas singularidades pero achegándose aos usos e materiais de hoxe en día.

A organización porá a disposición dos concursantes toda a información que precisen sobre as pezas a interpretar, tanto a través das redes sociais do Chapeu Contest como da web de Asnot.

Félix de Martín, sombreireiro artesanal e coordinador do Chapeu Contest, cunha das pezas do Museo do Pobo Galego

Para isto cóntase co apoio de institucións como o Museo do Pobo Galego, Fundación Artesanía de Galicia. Xunta de Galicia e o Concello de Padrón, así como de asociacións culturais e de profesionais sombreireiras e sombreireiros.

O premio é de carácter internacional e está enfocado a profesionais e afeccionados, cada un dentro da súa categoría.

Os seleccionados mostraranse nos escaparates dos comercios do casco vello de Padrón, creando así unha exposición ao aire libre, accesible e a pé a través dun atractivo e dinamizador paseo que percorrerá as rúas de Padrón.

QUE ESTÁS MIRANDO? Así se chama a última creación de Primo Banksy, realizada en Padrón.

A pasada fin de semana as rúas de Padrón tiveron a visita do creador anónimo @primobanksy. O artista lucense escolleu o noso pobo para expoñer dúas das súas creacións que poñen o foco no devenir da nosa cultura cunha homenaxe a Rosalía de Castro e con este agasallo para nós que “eleva” ao animal representándoo coma un burro voando.

QUE ESTÁS MIRANDO?
Acrílico sobre papel kraft
Colaboración co festival canalla @asnotfestival
Paseo do Espolón, Padrón

A 240 ANOS LUZ
Esmalte e tinta china sobre papel
Rúa Ruíz Pons, Padrón

Primo Banksy actúa co mesmo coidado e sixilo que o máis famoso graffitero londinense de todos os tempos. O seu anonimato dalle certa liberdade como artista para plasmar a súa visión crítica e reivindicativa sobre os temas políticos e sociais de actualidade na súa obra.

Este artista escolleu muros de cidades coma Lugo, Madrid, París, Santiago de Compostela, Braga, Roma ou Bilbao para realizar o seu traballo.

Non tardes en ir a velas. As obras deste artista están feitas con tinta china e acrílico sobre papel kraft. Nada agresivo. Vanse con auga.

Descubríchelas?

#unburrrovoando #rosalía #primobansky #arteurban #artecallejero #streetart #arteurbano #rosalíadecastro #asnot #unburrovolando #primodebansky #arteefímero #AsnotQuitaOSombreiro #Asnot2023 #Asnot

Este ano non se celebrará Asnot

A falta de confirmación por parte do Concello de Padrón fainos incomprender o seu apoio. O 25 de xaneiro de 2023 tivemos unha reunión coas concelleiras de Festexos e Cultura no Concello de Padrón e, a 2 meses do 24 de xullo de 2023, data que solicitamos para celebrar o festival Asnot, seguimos sen ter resposta. E organizar un festival coma Asnot leva moito tempo.


Esta falta de permisos foi tamén o motivo de que en 2022 tiveramos que movernos da acostumada data do 24 de xullo. O goberno local non nos outorgou disposición da Praza de Macías e, ao caer en domingo o 24 e haber feira no Paseo do Espolón, vímonos na obriga de trasladalo de data por ter coma localización alternativa este espazo do casco vello.

Asnot participou no proxecto de cooperación “LA GESTIÓN DE LA SOSTENIBILIDAD EN EVENTOS CULTURALES CON ESPECTÁCULOS EN VIVO”

“Estamos nun momento crítico da historia da Terra […] é imperativo que nós, os pobos da Terra, declaremos a nosa responsabilidade uns hacia outros, hacia a gran comunidade da vida e hacia xeracións futuras”
CARTA DA TERRA


Moi orgullosas de participares na diagnose cualitativa sobre cultura rural sostible,  froito da Cooperación de oito Grupos de Desenvolvemento Rural galegos e un extremeño.


Unhas publicacións que buscan aportar orientacións para camiñar hacia unha acción cultural cada vez máis sostible, e que teñen como folla de ruta e inspiración os obxectivos de desenvolvemento humano (#ODS).

Coordinación:
Asociación de Desarrollo Local DELOA

Colaboraciones en contenidos:
Asociación de Desarrollo Local DELOA
Grupo de Desarrollo Rural Ribeira Sacra – Courel
ADR Terras de Pontevedra Norte
Asociación Costa da Morte – GDR
GDR Ulla Tambre Mandeo
GDR Salnés-Ulla-Umia
Asociación para o desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea
Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense (ADERCOU)
Asociación para la Promoción y el Desarrollo Rural del Geoparque Mundial de la UNESCO de VIlluercas Ibores Jara. APRODERVI

Primeiro encontro do sector cultural de Padrón e comarca

Co gallo de continuar a tecer redes, e cunha moi boa acollida, fai dúas semanas dende a Asociación Cultural Asnot convocamos a todo o sector cultural de Padrón e comarca a un primeiro encontro na Casa de Rosalía onde puidemos coñecermos máis e falar do noso común.

Tivemos a oportunidade de comprobar o compromiso notable de todas as persoas e entidades participantes co patrimonio cultural, especialmente co inmaterial, e facendo moito fincapé na importancia do patrimonio natural.

Resaltouse a necesidade de desenvolver estratexias para valorizar, protexer e reivindicar a nivel local a cultura en Padrón e comarca, entendéndoa como patrimonio cultural e natural, e tamén a necesidade de aportar unha mirada crítica á situación actual.

O encontro foi acollido pola Fundación Rosalía de Castro e facilitado por unha axente externa, Andrea Calsamiglia.

PARTICIPARON: Asociación Cultural Asnot, Fundación Rosalía de Castro, Asociación Cultural Os Penoucos, O Baixo Ulla, Xoldra e Máis, A. C. Arreixeira, A. C. San Pedro de Carcacía, A. F. C. O Pedrón, Asociación para as Artes Escénicas e Musicais ESTORIBOR, Asociación Feminista Mulleres en Padrón.

Álbida

Paraíso Canto foron os gañadores do premio do xurado profesional do concurso de bandas Asnot Busking (2022) e nos presentan o fermoso tema que acaban de gravar nos Estudios Mans e que parte da Muñeira da Tolda.

A peza está adicada á avoa de Gabi.

Música: Popular.
Letra: Gabi Reboredo / Popular.
Interpretado e arranxado por Paraíso Canto (Gabi Reboredo e Martiño Malleiro).
Gravado nos Estudos Mans no marco do concurso Asnot Busking do Festival Asnot.

Por se o perdeches

No programa de onte (a partires do minuto 23:45) de Zigzag Diario Marta Gómez faise eco do seu estreo e do noso concurso de bandas:

Asnot International Edition

Fai unhas semanas unha xornalista de Nova Iorque contactou con #Asnot…

Este é un vídeo resumo da esencia de Asnot con imaxes de varias edicións deste festival, a parodia canalla de Ascot, a 2000 kilometros Berkshire (UK), en Padrón (Galicia), onde dende o 2014 cautiva a lugareñas e visitantes, e converte a vila nun escenario teatral viviente cheo de glamur e chapeus “made in Galicia”.

Xornalista: Dena Levitz (@thatsledes)
Imaxe: La Diapo Fotografía (@ladiapo)

Asnot chega ás portas do Palacio de Buckingham

A prensa dixital londinense “inews.co.uk, for open mindsescribe un extenso e moi axeitado artigo sobre Asnot:

Dena Levitz (@thatsledes), unha periodista estadounidense, queda abraiada polo que se atopa en Padrón o pasado verán mentras fai o Camiño de Santiago. E investiga…

“Asnot é un espectáculo encantador e único (…) non está preto (…) Ascot, Berkshire, está a uns 2000 km (…)”

“Padrón: A vila española con un famoso pemento e un festival único que copia humorísticamente a cultura británica”

“Os plans para o evento deste ano xa están en marcha, e a intención é seguir aumentando a creatividade e a diversión (…) a premisa sempre será a de unir ás persoas. (…) Asnot é unha celebración peculiar e aloucada que parodia a unha cultura que, en realidade, admiran”

“Padrón é sinónimo dos seus pequenos pementos verdes, pero Asnot podería poñer á vila do norte de España no mapa por unha razón máis ecléctica.”

E vannos chegando máis replicas:

Unha xornada moi deliciosa

Despois de máis de dous meses de traballo onde puidemos empaparnos de novas miradas a Asnot dxs mellores profesionais da xestión cultutal e de fantásticxs compañeirxs, o pasado venres 16 de decembro gozamos dunha fantástica velada no Demoday do Coworking de Emprendemento Sustentable de Proxectos Culturais e Artísticos no Rural celebrado no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Dende aquí queremos agradecer de novo a cada unha desas persoas (agardo non olvidarme de ningunha) o seu mirar e asesoramento durante esta formación:

María G. Trincado
Guillermo Vergara
María Montesinos
Rodrigo Cuevas
Luis Pardo
Aitor Castiñeiras
Luisa Gallego
Rafa Vázquez
Julia Pozo
Martín Alemparte
Álvaro Pérez Becerra
Patricia Hermida
Benito Burgos
Patricia Gabeiras
Lluis Bonet
Susana García
Nuria Soto
Keka Losada
Elena Ferro
Carlota Mateos

A formación foi cofinanciada por EOI, FSE e Fundación Paideia Galiza, e coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural Asociación Deloa, Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes e GDR Ribeira Sacra – Courel.