V Brincasnot: Os saltos de burros de pau de Asnot

24 xullo 2024
12h
Para crianzas entre 4 e 11 anos
Inscricións ata o 17 de xullo

Que é Brincasnot?

Brincasnot é un deporte con elementos de ximnasia no que a doma e o salto son os elementos clave. A esto engádelle a liberdade de crear e a túa imaxinación (na construcción do burro de pau, na vestimenta da xinete, na doma…).

En que consiste?

Todo o que necesitas para comezar é un pau e gañas de pasalo ben.

1) Constrúe o teu burro de pau, decórao e vístete a xogo ou como imaxines. Valorarase a creatividade na construción do burro de pau e na caracterización da crianza. A creatividade da participante non ten límite!

2) Por equipos, franquearedes varios obstáculos numerados co voso burro de pau nun percorrido curto pero divertido. A misión será superar a proba tentando non mancarse.

brincasnot

3) Puntuarase a rapidez, non tirar ningún obstáculo e, por suposto, a doma libre (moita imaxinación!).

Coma un burro e a súa xinete, o burro de pau e ti formades un equipo, e por tanto, cada burro de pau só poderá participar cunha das xinetes.

Cando e onde?

Na celebración de Asnot 2024. O mércores 24 de xullo de 2024 pola mañá en Padrón.

Información importante

Idade da crianza: Entre 4 e 11 anos cumpridos o 24 de xullo de 2024.
Máximo número de participantes: 30 crianzas (por orde de inscrición).
Prazo de inscrición: Dende o 8 de maio ata o 17 de xullo (ou ata completar aforo)

Inscríbete

Nome e apelidos da crianza que participará no IV Brincasnot
A crianza debe ter entre 4 anos a 11 anos cumpridos o 24 de xullo de 2024
Correo electrónico da nai/pai/responsable da crianza