Asnot participa na xornada “Diálogo Sobre Cultura Rural Sustentable”

De esquerda a dereita: Yeya Gilino, Jorge “Minas”, Marga Pazos e Evaristo Méndez

A Asociación de Desarrollo Local de Deloa coordina o proxecto de cooperación interterritorial titulado «A xestión da sostenibilidade en eventos culturais con espectáculos en directo no medio rural», no que participan un total de nove grupos de desenvolvemento rural, 8 pertencentes á comunidade autónoma de Galicia e un a Extremadura.

No marco deste proyecto tivo lugar onte, domingo 28 de agosto de 2022, no Espazo Mans dentro do Festival da Luz (Boimorto), unha mesa de diálogo sobre a Cultura Rural Sostible, presentada por Marga Pazos, na que participaron como ponentes Yeya Gilino (Asnot), Jorge Domínguez “Minas” de Vibomask (Festival Internacional Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso) e Evaristo Méndez de A Pisa da Castaña (Froxán, Folgoso do Courel).

Yeya Gilino de Asnot explicaba a importancia do vínculo dos proxectos culturais coas persoas ás que van dirixidos. De como así conectan coas vivencias da xente, que fai suas as reflexións e experiencias que se lle plantexan e é partícipe do que sucede avanzando na idea de construir un pobo mellor.

Xornada “Diálogo Sobre Cultura Rural Sustentable” coordinada pola Asociación de Desarrollo Local Deloa

Asnot 2022 aftermovie

A orixinalidade e a elegancia dos chapeus made in Galicia foron de novo protagonistas en Asnot durante a última fin de semana de xullo cunha forte aposta por novas actividades respectuosas que reforzaron o seu #compromiso polo fomento da #creatividade, a #autoestima e a #participación como ferramentas de cambio social: concurso de bandas #AsnotBusking, intervencións artísticas, mercado profesional do #chapeu, creación de mural como relato visual da historia padronesa, talleres e obradoiros, concertos, teatro, outras artes e moito máis.

👉 Organiza: Asnot Asociación Cultural
💂‍♀️ Patrocinador principal: Estrella Galicia
💂‍♀️ Patrocinador institucional: Turismo de Galicia | Xacobeo 21.22💂‍♀️
Apoio de: CONCELLO DE PADRÓN💂‍♀️
Outros patrocinadores: Vermú Petroni | Gadis💂‍♀️
Colabora: Estudios Mans | Fundación Paideia Galiza💂‍♀️
Colaboran: https://asnot.gal/colaboradores-asnot-2022/

GRAZAS

👑 E agradecementos especiais a cada unha das persoas que cren a axudan a levar a cabo este proxecto. As que se sinten orgullosas. As que abren o seu fogar para a festa ou o baixo para o material. As que levan o humor como bandeira e o impregnan ás demais. As que se converten en Paul, John ou a doncella. As que crean os maravillosos sombreiros. As que che reciben cun sorriso no mercado do chapeu. As que se poñen o uniforme a 40º. As que están -ou non- pero están. As que fan entrevistas. As que fan as xoias da coroa. As que recortan cartóns ás 3 da mañá. As que nos contan os segredos dos burros. As que non saben como poder axudar. As que constrúen paradas de metro escala London. As que deixan os saltos para o #brincasnot, cueiros para as crianzas, mesas plegables, escarabellos cremas ou grúas elevadoras. As que fan ramos de flores. As que nos sacan elegantísimas nas fotos ou fan uns vídeos súper pro mentras “escalan” escaleiras. As que o gozan. As que gritan “Viva a #Raíña“, “Joooohn!!”, “outra, outra!”.
As que forman este equipo.
A todas grazas.
Todas todas elas son #Asnot

🎬 Vídeo: La DIAPO fotografía

#asnotgetback #prohibidobaixarosbrazos #asnot2022 #xacobeo2022 #padrón #festival #sombreiros #asnot

As aportacións do público escollen a El Corta e o xurado profesional a Paraíso Canto como ganadores do primeiro concurso de bandas de Asnot.

De entre un total de 4 finalistas, dous son os ganadores do primeiro concurso de bandas de Asnot “Asnot Busking“. Un concurso organizado por Asnot que conta coa colaboración e Estudios Mans da Fundación Paideia.

Hoxe domingo 31 de xullo, o xurado profesional decidiu que a banda que gravará, mezclará e masterizará dun single e un vídeo promocional nos Estudios Mans será Paraíso Canto.

E gracias ás aportacións do público durante o festival El Corta será cabeza de cartel de Asnot 2023.

Moitísimas gracias a todas as bandas participantes e a todas as persoas que apoiades este proxecto.

Xa ready a programación Asnot 2022

A volta de Asnot inundará Padrón de creatividade e elegancia durante a última fin de semana de xullo

Hoxe presentamos Asnot 2022 no hall do Auditorio de Padron acompañadas das nosas principais alianzas e colaboracións onde recalcamos o noso compromiso social coa comunidade. Máis que nunca a nosa programación centrase no respecto, a sustentabilidade e a responsabilidade social, medioambiental e económica.

Con metodoloxía participativa, código ético da sustentabilidade e esforzo en canto a responsabilidade social, medioambiental e económica, Asnot, nesta edición, integra na súa programación accións coma unha intervención na fachada de O Rincón que traduza vivencias e recordos deste espazo social nun mural, un relato visual da historia padronesa. A inauguración do Chapeu Market, un punto de encontro profesional do sombreiro onde se lle dará visibilidade á artesanía de Galicia a través de catro proxectos: A Eito, Blade-Hats, Félix de Martin e Julia Vilariño. A socialización do noso patrimonio sucederá en diferentes obradoiros, onde a voz das protagonistas en primeira persoa e os seus saberes serán partillados. A intervención artística sobre burros de madeira Os Burros de Asnot no Xardín Botánico reinterpretando o evento dende diferentes disciplinas e puntos de vista. Ou a final do concurso Asnot Busking o sábado 30, destinado a bandas emerxentes que, coa colaboración dos Estudios Mans, procura fomentar a creatividade musical integrándoo dunha forma natural no festival.

Dirixido por Darío Autrán e interpretado por Josito Porto, a curtametraxe promocional de Asnot 2022, fíxonos intuir a banda cabeza de cartel deste ano, Abbey Road, un dos mellores tributos do mundo a The Beatles que se propón desatar o fenómeno fan deste participativo e gratuíto festival.

Por último, ademais de outros concertos e actividades diversas, este ano Asnot presenta o venres a Camila de Asnot, unha personaxe ilustrada que nos contará a súa historia e valores a través dunha proxección de ilustracións creadas en vivo combinada cunha sesión en vinilo de sons sistis.

Estrea!

Hoxe martes 13 de xullo ás 10:00 estrea da curtametraxe “Asnot Get Back

Xa é oficial!
🔥 Asnot Get Back!
E volve desatando o fenómeno fan
29|30|31 xullo · Padrón
🎩 👒 Prepárate!

#AsnotGetBack #Asnot2022

————————————————————-

📽️ Curtametraxe promocional Asnot 2022 📽️

GUIÓN E DIRECCIÓN:
Darío Autrán

REALIZACIÓN:
Abismo Caracol

FOTOGRAFÍA:
La Diapo Fotografía

ELENCO:
Josito Porto
Santi Baltar
Ozores
Yeya

AGRADECEMENTOS:
Richard de Estudio 54
Abanca
Manolo (escarabello)
A Taberna do Tarela
Rial
Dolores Gilino
Concha San Martín
MMIS Ópticos
Belén García
Concha Gilino
Xoiería Escotti
José Á Ferrón
Xosé Saiáns
Blanca Gilino
Dolores San Martín
Pitita Rei
Dolores la de Chalo
Lola Rianxo
José M Pérez
Hadri Rei
Manolao

IDEA ORIXINAL
Asnot

————————————————————-

ASNOT 2022 [ Turismo de Galicia | Xacobeo 21·22 | Xunta de Galicia | Concello de Padrón | Estrella Galicia | Petroni | Gadis | Estudios Mans ]

Abrimos inscricións ao primeiro concurso de bandas de Asnot

Gustaríache tocar ao puro estilo busking londinense?
Que che parecería gravar o teu single e videoclip nos Estudios Mans?
formar parte do cartel de Asnot 2023?

Inscríbete no primeiro concurso de bandas de Asnot !

Presenta un tema orixinal a través de asnotbusking@asnot.gal antes do 13 de xullo e ti ou a tua banda poderedes ser unha da 4 finalistas que compitan o sábado 30 de xullo en vivo no festival Asnot 2022.

Coa colaboración de:

Teaser oficial | Asnot Get Back

Teaser oficial | Asnot Get Back

1, 2, 3, 4

🎥 En xuño de 2022 unha equipa de rodaxe recibe información sen precedentes para documentar que The Beatles Show chegaran a Padrón para tocar para a nosa raíña en Asnot 2022. Aquí un pequeno adianto.

🔥 Próximamente o full vídeo

#AsnotGetBack #Asnot2022