?Comezou hai mais de dez anos nun pequeno Rincón (@o.rincon.bar) cunha figueira. Con glamur, moitas moitas risas, soños e comunidade. ??????? Un espazo de acollida para todas, de forma natural e xenerosa.
❤️? Unha wonderful marabilla! E logo non, miña raíña?
? Hoxe botamos man dos catro intermitentes, contentas e emocionadas ?. Despedímonos, por agora, para repensar os marcos. ??♀️ Poñemos as persoas no centro. Con consciencia sobre os nosos límites.
? Un espazo de coidados que representa o que queremos ser como comunidade precisa estar en sintonía co entorno que habita e dalle forma.
? Agora toca escoitar e repensarnos.
Grazas.
? Vémonos nalgún rincón do mundo ! E o 24, con chapeu ?!
Asnot nacía fai 10 anos nunha pequena taberna dunha praza minúscula do casco histórico de Padrón, o Rincón, na que a creatividade e o inxenio eran necesarias para subsistir. Paralelamente ao tradicional derbi asnal que organizaba o Concello de Padrón cada 24 de xullo, Asnot recrea dunha forma divertida, gamberra, respectuosa, elegante e moi visual o ambiente das carreiras de cabalos inglesas.
Organizado por Asnot Asociación Cultural, conta, unha vez máis, co apoio principal e incondicional de Estrella Galicia, o institucional da Deputación da Coruña, do Concello de Padrón e da Fundación Artesanía de Galicia. Xunta de Galicia, co impulso da Fundación Paideia, Deleite e Gadis, e co pulo que lle da a súa veciñanza.
Sabías que dende que Asnot saiu da taberna O Rincón a conquistar as prazas do casco vello de Padrón e converterse nun festival, un/ha artista plástica, en cada edición diferente, recrea a escena nunha pintura realizada en directo plasmando sobre o lienzo a escena de cada edición?
Aquí vos amosamos algunha imaxes:
Asnot 2017. Carlos TriñanesAsnot 2018. Carmen ObesoAsnot 2019. Martín PeixeAsnot 2021. Lara BarreiroAsnot 2022. Yasmina F. Luaces
Gustaríache formar parte da nosa pinacoteca? Escríbenos a asnotfestival@gmail.com
Este ano será a primeira edición dos Premios de Sombreireiría “Chapeu Contest” que se enmarcan dentro das actividades que forman parte do festival Asnot en Padrón (A Coruña, España).
A Asociación Cultural Asnot de Padrón convoca un Premio Internacional de Sombreireiría apoiado pola Fundación Artesanía de Galicia. Xunta de Galicia e o Museo do Pobo Galego para afianzar a importancia que ten o sombreiro no desenvolvemento do propio festival e procurar facer de Asnot un referente na potenciación e divulgación do mundo do sombreiro. Ademais deste concurso haberá outras actividades deseñadas en Asnot con este propósito.
Esta primeira edición, Chapeu Contest 2024, ten como obxectivo dar a coñecer e por en valor a sombreireiría tradicional galega, que, aínda que é moi recoñecible, tamén é unha gran descoñecida na súa variedade e historia.
Escolléronse tres pezas de cabeza moi distintivas do noso traxe tradicional: pucho, monteira e sancosmeiro. As participantes no concurso terán que investigar e revisitar estes sombreiros respectando as súas singularidades pero achegándose aos usos e materiais de hoxe en día.
A organización porá a disposición dos concursantes toda a información que precisen sobre as pezas a interpretar, tanto a través das redes sociais do Chapeu Contest como da web de Asnot.
Félix de Martín, sombreireiro artesanal e coordinador do Chapeu Contest, cunha das pezas do Museo do Pobo Galego
O premio é de carácter internacional e está enfocado a profesionais e afeccionados, cada un dentro da súa categoría.
Os seleccionados mostraranse nos escaparates dos comercios do casco vello de Padrón, creando así unha exposición ao aire libre, accesible e a pé a través dun atractivo e dinamizador paseo que percorrerá as rúas de Padrón.
A pasada fin de semana as rúas de Padrón tiveron a visita do creador anónimo @primobanksy. O artista lucense escolleu o noso pobo para expoñer dúas das súas creacións que poñen o foco no devenir da nosa cultura cunha homenaxe a Rosalía de Castro e con este agasallo para nós que “eleva” ao animal representándoo coma un burro voando.
QUE ESTÁS MIRANDO? Acrílico sobre papel kraft Colaboración co festival canalla @asnotfestival Paseo do Espolón, Padrón
A 240 ANOS LUZ Esmalte e tinta china sobre papel Rúa Ruíz Pons, Padrón
Primo Banksy actúa co mesmo coidado e sixilo que o máis famoso graffitero londinense de todos os tempos. O seu anonimato dalle certa liberdade como artista para plasmar a súa visión crítica e reivindicativa sobre os temas políticos e sociais de actualidade na súa obra.
Este artista escolleu muros de cidades coma Lugo, Madrid, París, Santiago de Compostela, Braga, Roma ou Bilbao para realizar o seu traballo.
Non tardes en ir a velas. As obras deste artista están feitas con tinta china e acrílico sobre papel kraft. Nada agresivo. Vanse con auga.
A falta de confirmación por parte do Concello de Padrón fainos incomprender o seu apoio. O 25 de xaneiro de 2023 tivemos unha reunión coas concelleiras de Festexos e Cultura no Concello de Padrón e, a 2 meses do 24 de xullo de 2023, data que solicitamos para celebrar o festival Asnot, seguimos sen ter resposta. E organizar un festival coma Asnot leva moito tempo.
Esta falta de permisos foi tamén o motivo de que en 2022 tiveramos que movernos da acostumada data do 24 de xullo. O goberno local non nos outorgou disposición da Praza de Macías e, ao caer en domingo o 24 e haber feira no Paseo do Espolón, vímonos na obriga de trasladalo de data por ter coma localización alternativa este espazo do casco vello.
“Estamos nun momento crítico da historia da Terra […] é imperativo que nós, os pobos da Terra, declaremos a nosa responsabilidade uns hacia outros, hacia a gran comunidade da vida e hacia xeracións futuras” CARTA DA TERRA
Moi orgullosas de participares na diagnose cualitativa sobre cultura rural sostible, froito da Cooperación de oito Grupos de Desenvolvemento Rural galegos e un extremeño.
Unhas publicacións que buscan aportar orientacións para camiñar hacia unha acción cultural cada vez máis sostible, e que teñen como folla de ruta e inspiración os obxectivos de desenvolvemento humano (#ODS).
Colaboraciones en contenidos: Asociación de Desarrollo Local DELOA Grupo de Desarrollo Rural Ribeira Sacra – Courel ADR Terras de Pontevedra Norte Asociación Costa da Morte – GDR GDR Ulla Tambre Mandeo GDR Salnés-Ulla-Umia Asociación para o desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense (ADERCOU) Asociación para la Promoción y el Desarrollo Rural del Geoparque Mundial de la UNESCO de VIlluercas Ibores Jara. APRODERVI
Co gallo de continuar a tecer redes, e cunha moi boa acollida, fai dúas semanas dende a Asociación Cultural Asnot convocamos a todo o sector cultural de Padrón e comarca a un primeiro encontro na Casa de Rosalía onde puidemos coñecermos máis e falar do noso común.
Tivemos a oportunidade de comprobar o compromiso notable de todas as persoas e entidades participantes co patrimonio cultural, especialmente co inmaterial, e facendo moito fincapé na importancia do patrimonio natural.
Resaltouse a necesidade de desenvolver estratexias para valorizar, protexer e reivindicar a nivel local a cultura en Padrón e comarca, entendéndoa como patrimonio cultural e natural, e tamén a necesidade de aportar unha mirada crítica á situación actual.
O encontro foi acollido pola Fundación Rosalía de Castro e facilitado por unha axente externa, Andrea Calsamiglia.
PARTICIPARON: Asociación Cultural Asnot, Fundación Rosalía de Castro, Asociación Cultural Os Penoucos, O Baixo Ulla, Xoldra e Máis, A. C. Arreixeira, A. C. San Pedro de Carcacía, A. F. C. O Pedrón, Asociación para as Artes Escénicas e Musicais ESTORIBOR, Asociación Feminista Mulleres en Padrón.
Paraíso Canto foron os gañadores do premio do xurado profesional do concurso de bandas Asnot Busking (2022) e nos presentan o fermoso tema que acaban de gravar nos Estudios Mans e que parte da Muñeira da Tolda.
A peza está adicada á avoa de Gabi.
Música: Popular. Letra: Gabi Reboredo / Popular. Interpretado e arranxado por Paraíso Canto (Gabi Reboredo e Martiño Malleiro). Gravado nos Estudos Mans no marco do concurso Asnot Busking do Festival Asnot.
Por se o perdeches
No programa de onte (a partires do minuto 23:45) de Zigzag DiarioMarta Gómez faise eco do seu estreo e do noso concurso de bandas:
Fai unhas semanas unha xornalista de Nova Iorque contactou con #Asnot…
Este é un vídeo resumo da esencia de Asnot con imaxes de varias edicións deste festival, a parodia canalla de Ascot, a 2000 kilometros Berkshire (UK), en Padrón (Galicia), onde dende o 2014 cautiva a lugareñas e visitantes, e converte a vila nun escenario teatral viviente cheo de glamur e chapeus “made in Galicia”.
Xornalista: Dena Levitz (@thatsledes) Imaxe: La Diapo Fotografía (@ladiapo)