Storydoing
A comunidade do Asnot Queendom foi “convidada” pola nosa Raíña a un picnic caritativo durante a relaxada tarde de verán do 24 de xullo de 2021 nos seus fermosos xardíns de palacio.
Todo bañado de música, teatro e outras artes, e na que parte dos fondos recaudados destináronse a fins sanitario-sociais para paliar as consecuencias producidas pola covid-19 na nosa proximidade.
Vídeo resumo
Picnic caritativo
Serviuse a media tarde (sobre as 19h) un picnic gourmet a cada unha das convidadas (entrada). A metade do recadado coas entradas foi destinado a fins socio-sanitarios dentro da nosa comarca.
Localización
A localización sempre coherente ao momento e valores de Asnot.
No Xardín Botánico Artístico de Padrón. No centro do pobo. Temos o privilexio de contar con este fermosísimo espazo natural de máis de 10.000 m2 que nos permite minimizar os riscos. Pero iso non fixo que perdésemos de vista a seguridade, tanto de nós coma deste Ben de Interese Cultural onde nos atopamos.
Unha localización que encaixa xenial coa estética e valores de Asnot.
Evento seguro
Un evento con entrada, durante o serán, de pequeno formato (control de aforo), seguro (protocolo covid-19), nun recinto delimitado (fácil control) e ao aire libre (maior seguridade).
E segue sendo un evento respectuoso, elegante e moi divertido.
Distribución do espazo
Utilizáronse para o disfrute do evento as alamedas de plátanos de sombra de estilo inglés. Colocamos mesas redondas de 6 persoas para compartir coa túa xente favorita.
Estilo Asnot
Sen olvidar o teu chapeu! Sorprenderon á Raíña con pamelas customizadas e elegantes sombreiros de copa. Houbo tamén unha creación agraciada coa distinguida “Xoia da Coroa”, o exclusivo premio Asnot á orixinalidade.
Nós poñemos o resto, ti o estilo Asnot!
#etidequenvessendomiñaraíña