As aportacións do público escollen a El Corta e o xurado profesional a Paraíso Canto como ganadores do primeiro concurso de bandas de Asnot.

De entre un total de 4 finalistas, dous son os ganadores do primeiro concurso de bandas de Asnot “Asnot Busking“. Un concurso organizado por Asnot que conta coa colaboración e Estudios Mans da Fundación Paideia.

Hoxe domingo 31 de xullo, o xurado profesional decidiu que a banda que gravará, mezclará e masterizará dun single e un vídeo promocional nos Estudios Mans será Paraíso Canto.

E gracias ás aportacións do público durante o festival El Corta será cabeza de cartel de Asnot 2023.

Moitísimas gracias a todas as bandas participantes e a todas as persoas que apoiades este proxecto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *