Este ano non se celebrará Asnot

A falta de confirmación por parte do Concello de Padrón fainos incomprender o seu apoio. O 25 de xaneiro de 2023 tivemos unha reunión coas concelleiras de Festexos e Cultura no Concello de Padrón e, a 2 meses do 24 de xullo de 2023, data que solicitamos para celebrar o festival Asnot, seguimos sen ter resposta. E organizar un festival coma Asnot leva moito tempo.


Esta falta de permisos foi tamén o motivo de que en 2022 tiveramos que movernos da acostumada data do 24 de xullo. O goberno local non nos outorgou disposición da Praza de Macías e, ao caer en domingo o 24 e haber feira no Paseo do Espolón, vímonos na obriga de trasladalo de data por ter coma localización alternativa este espazo do casco vello.