Primeiro encontro do sector cultural de Padrón e comarca

Co gallo de continuar a tecer redes, e cunha moi boa acollida, fai dúas semanas dende a Asociación Cultural Asnot convocamos a todo o sector cultural de Padrón e comarca a un primeiro encontro na Casa de Rosalía onde puidemos coñecermos máis e falar do noso común.

Tivemos a oportunidade de comprobar o compromiso notable de todas as persoas e entidades participantes co patrimonio cultural, especialmente co inmaterial, e facendo moito fincapé na importancia do patrimonio natural.

Resaltouse a necesidade de desenvolver estratexias para valorizar, protexer e reivindicar a nivel local a cultura en Padrón e comarca, entendéndoa como patrimonio cultural e natural, e tamén a necesidade de aportar unha mirada crítica á situación actual.

O encontro foi acollido pola Fundación Rosalía de Castro e facilitado por unha axente externa, Andrea Calsamiglia.

PARTICIPARON: Asociación Cultural Asnot, Fundación Rosalía de Castro, Asociación Cultural Os Penoucos, O Baixo Ulla, Xoldra e Máis, A. C. Arreixeira, A. C. San Pedro de Carcacía, A. F. C. O Pedrón, Asociación para as Artes Escénicas e Musicais ESTORIBOR, Asociación Feminista Mulleres en Padrón.