Primeiro encontro do sector cultural de Padrón e comarca

Co gallo de continuar a tecer redes, e cunha moi boa acollida, fai dúas semanas dende a Asociación Cultural Asnot convocamos a todo o sector cultural de Padrón e comarca a un primeiro encontro na Casa de Rosalía onde puidemos coñecermos máis e falar do noso común.

Tivemos a oportunidade de comprobar o compromiso notable de todas as persoas e entidades participantes co patrimonio cultural, especialmente co inmaterial, e facendo moito fincapé na importancia do patrimonio natural.

Resaltouse a necesidade de desenvolver estratexias para valorizar, protexer e reivindicar a nivel local a cultura en Padrón e comarca, entendéndoa como patrimonio cultural e natural, e tamén a necesidade de aportar unha mirada crítica á situación actual.

O encontro foi acollido pola Fundación Rosalía de Castro e facilitado por unha axente externa, Andrea Calsamiglia.

PARTICIPARON: Asociación Cultural Asnot, Fundación Rosalía de Castro, Asociación Cultural Os Penoucos, O Baixo Ulla, Xoldra e Máis, A. C. Arreixeira, A. C. San Pedro de Carcacía, A. F. C. O Pedrón, Asociación para as Artes Escénicas e Musicais ESTORIBOR, Asociación Feminista Mulleres en Padrón.

Álbida

Paraíso Canto foron os gañadores do premio do xurado profesional do concurso de bandas Asnot Busking (2022) e nos presentan o fermoso tema que acaban de gravar nos Estudios Mans e que parte da Muñeira da Tolda.

A peza está adicada á avoa de Gabi.

Música: Popular.
Letra: Gabi Reboredo / Popular.
Interpretado e arranxado por Paraíso Canto (Gabi Reboredo e Martiño Malleiro).
Gravado nos Estudos Mans no marco do concurso Asnot Busking do Festival Asnot.

Por se o perdeches

No programa de onte (a partires do minuto 23:45) de Zigzag Diario Marta Gómez faise eco do seu estreo e do noso concurso de bandas:

Asnot International Edition

Fai unhas semanas unha xornalista de Nova Iorque contactou con #Asnot…

Este é un vídeo resumo da esencia de Asnot con imaxes de varias edicións deste festival, a parodia canalla de Ascot, a 2000 kilometros Berkshire (UK), en Padrón (Galicia), onde dende o 2014 cautiva a lugareñas e visitantes, e converte a vila nun escenario teatral viviente cheo de glamur e chapeus “made in Galicia”.

Xornalista: Dena Levitz (@thatsledes)
Imaxe: La Diapo Fotografía (@ladiapo)

Asnot chega ás portas do Palacio de Buckingham

A prensa dixital londinense “inews.co.uk, for open mindsescribe un extenso e moi axeitado artigo sobre Asnot:

Dena Levitz (@thatsledes), unha periodista estadounidense, queda abraiada polo que se atopa en Padrón o pasado verán mentras fai o Camiño de Santiago. E investiga…

“Asnot é un espectáculo encantador e único (…) non está preto (…) Ascot, Berkshire, está a uns 2000 km (…)”

“Padrón: A vila española con un famoso pemento e un festival único que copia humorísticamente a cultura británica”

“Os plans para o evento deste ano xa están en marcha, e a intención é seguir aumentando a creatividade e a diversión (…) a premisa sempre será a de unir ás persoas. (…) Asnot é unha celebración peculiar e aloucada que parodia a unha cultura que, en realidade, admiran”

“Padrón é sinónimo dos seus pequenos pementos verdes, pero Asnot podería poñer á vila do norte de España no mapa por unha razón máis ecléctica.”

E vannos chegando máis replicas: