Asnot participa na xornada «Diálogo Sobre Cultura Rural Sustentable»

De esquerda a dereita: Yeya Gilino, Jorge «Minas», Marga Pazos e Evaristo Méndez

A Asociación de Desarrollo Local de Deloa coordina o proxecto de cooperación interterritorial titulado «A xestión da sostenibilidade en eventos culturais con espectáculos en directo no medio rural», no que participan un total de nove grupos de desenvolvemento rural, 8 pertencentes á comunidade autónoma de Galicia e un a Extremadura.

No marco deste proyecto tivo lugar onte, domingo 28 de agosto de 2022, no Espazo Mans dentro do Festival da Luz (Boimorto), unha mesa de diálogo sobre a Cultura Rural Sostible, presentada por Marga Pazos, na que participaron como ponentes Yeya Gilino (Asnot), Jorge Domínguez «Minas» de Vibomask (Festival Internacional Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso) e Evaristo Méndez de A Pisa da Castaña (Froxán, Folgoso do Courel).

Yeya Gilino de Asnot explicaba a importancia do vínculo dos proxectos culturais coas persoas ás que van dirixidos. De como así conectan coas vivencias da xente, que fai suas as reflexións e experiencias que se lle plantexan e é partícipe do que sucede avanzando na idea de construir un pobo mellor.

Xornada «Diálogo Sobre Cultura Rural Sustentable» coordinada pola Asociación de Desarrollo Local Deloa

Asnot 2022 aftermovie

A orixinalidade e a elegancia dos chapeus made in Galicia foron de novo protagonistas en Asnot durante a última fin de semana de xullo cunha forte aposta por novas actividades respectuosas que reforzaron o seu #compromiso polo fomento da #creatividade, a #autoestima e a #participación como ferramentas de cambio social: concurso de bandas #AsnotBusking, intervencións artísticas, mercado profesional do #chapeu, creación de mural como relato visual da historia padronesa, talleres e obradoiros, concertos, teatro, outras artes e moito máis.

👉 Organiza: Asnot Asociación Cultural
💂‍♀️ Patrocinador principal: Estrella Galicia
💂‍♀️ Patrocinador institucional: Turismo de Galicia | Xacobeo 21.22💂‍♀️
Apoio de: CONCELLO DE PADRÓN💂‍♀️
Outros patrocinadores: Vermú Petroni | Gadis💂‍♀️
Colabora: Estudios Mans | Fundación Paideia Galiza💂‍♀️
Colaboran: https://asnot.gal/colaboradores-asnot-2022/

GRAZAS

👑 E agradecementos especiais a cada unha das persoas que cren a axudan a levar a cabo este proxecto. As que se sinten orgullosas. As que abren o seu fogar para a festa ou o baixo para o material. As que levan o humor como bandeira e o impregnan ás demais. As que se converten en Paul, John ou a doncella. As que crean os maravillosos sombreiros. As que che reciben cun sorriso no mercado do chapeu. As que se poñen o uniforme a 40º. As que están -ou non- pero están. As que fan entrevistas. As que fan as xoias da coroa. As que recortan cartóns ás 3 da mañá. As que nos contan os segredos dos burros. As que non saben como poder axudar. As que constrúen paradas de metro escala London. As que deixan os saltos para o #brincasnot, cueiros para as crianzas, mesas plegables, escarabellos cremas ou grúas elevadoras. As que fan ramos de flores. As que nos sacan elegantísimas nas fotos ou fan uns vídeos súper pro mentras «escalan» escaleiras. As que o gozan. As que gritan «Viva a #Raíña«, «Joooohn!!», «outra, outra!».
As que forman este equipo.
A todas grazas.
Todas todas elas son #Asnot

🎬 Vídeo: La DIAPO fotografía

#asnotgetback #prohibidobaixarosbrazos #asnot2022 #xacobeo2022 #padrón #festival #sombreiros #asnot