A Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social, ACOLLE, é a destinataria da metade dos fondos recadados en Asnot Garden Party

Padrón, venres 24 de setembro de 2021. – Asnot Asociación Cultural reúnese hoxe en Santiago de Compostela con representantes da Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE para facerlles entrega do talón de 1.500 euros

O pasado venres 30 de xullo de 2021, tras volver encher o aforo en poucas horas, celebrouse Asnot Garden Party no Xardín Botánico Artístico de Padrón co motivo dun pícnic caritativo con fins socio sanitarios para paliar as consecuencias da crise covid na nosa proximidade.

A organización de Asnot, sabendo que un festival a pé de rúa e sen aforo limitado non era posible de momento, procurou unha fórmula encaixada aos valores de Asnot e que non perdera a esencia e o glamur do festival. A Raíña convidou á súa comunidade a un pícnic caritativo bañado de música, teatro e outras artes nos seus fermosísimos Xardíns de Palacio durante unha relaxada tarde de verán. 

Durante a celebración de Asnot Garden Party, cada grupo de convidadas participaron na escolla da asociación con fins socio-sanitarios a onde se destina hoxe a metade da recadación das entradas a través dos Xogos de Asnot que atoparon nas súas mesas.

A Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE, un espazo de acollida para as persoas maiores máis necesitadas e vulnerables que procura en todo momento mellorar a súa calidade de vida. Actualmente agrupa 12 residencias e centros asociados repartidos por toda a xeografía galega, atendendo a un total de 929 residentes.

🌳 Asnot 2021 aftermovie 🌳

~24~ 30 de xullo | #XardínBotánicoArtístico, #Padrón

A Raíña de Asnot Queendom abriu por primeira vez os seus fermosísimos Xardíns de Palacio (Xardín Botánico Artístico de Padrón) para convidar á comunidade a un picnic caritativo durante a relaxada tarde de verán do 30 de xullo de 2021.

Todo bañado de música, teatro e outras artes, e na que a metade dos fondos recadados coas entradas se destinaron a fins sanitario-sociais para paliar as consecuencias producidas pola covid-19 na nosa proximidade.

A Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE, por decisión das persoas asistentes ao festival, é a entidade destinataria da doazón.

Sabíamos que un festival gratuito, a pé de rúa, e sen aforo limitado non era de momento posible. Coidamos a nosa festa (a nós e ás demais) reformulando Asnot sen perder a súa esencia e glamur. Asnot Garden Party foi e é un proxecto que encaixa á perfección cos valores de Asnot e que sorprendeu gratamente a todas as “convidadas”.

🌳 Organiza: Asnot Asociación Cultural
🌳 Patrocinadores principais: Turismo de Galicia Xacobeo 20-21| Estrella Galicia 🌳 Co apoio de: Concello de Padrón
🌳 Outros patrocinadores: Gadis | Beefeater | Vermú Petroni
🌳 Colaboradores: Orballo, Hotel Scala, Vino Alberte, Andaina Pro Saúde Mental, Pulpería Rial, A Esquina, Capilla bar, Casa do Patín, Cafetería Casino, Café Cultural Airiños, Confitería Latorre, A Casa dos Martínez, Bar El Cuco, Bar Retro, Panadería Pastelería San José, Sumitesa, Makergal, Distribuciones MyD Galaika, Abanca, Tiendas Pillados, O Liño, Centro Auditivo Baltar, A Tintorería, Óptica Baltar, Agencia Morla, Núñez e Hijos, Musieventos, Adina Xestión, A Palloza, Arañeira Solucións Informáticas, El Centro Fitness Eneida León, C. Tatino, Zapatería Soletess, Oficina Técnica Agrícola, Galagro Ingeniería, LG Broker Gestión de Riesgos, Calzados Noya, Rosi Peluquería
🌳 Música: “Troublant Bolero” de Django Reinhardt, na versión de Alo Django
🌳 Vídeo: La DIAPO fotografía

✨ GRAZAS ✨

E a todas as demais persoas que o fixeron posible. Vémonos en Asnot 2022!

#asnot2021 #asnotgardenparty #aresistencianuncacamiñasoa #xacobeo2021 #etidequenvessendomiñaraíña