Asnot volve a encher Padrón de glamur

O pasado venres 30 de xullo de 2021, tras aprazar o evento do 24 por mor da choiva e volver a encher o aforo en poucas horas, celebrouse, no Xardín Botánico-Artístico de Padrón, Asnot, proba ésta de seres un evento consolidado e con futuro. 

O enclave escollido foi unha grandiosa e quizais única oportunidade para construir neste Ben de Interese Cultural de forma coherente á situación e ao momento, un decorado natural diferencial que encaixa á perfección coa estética e valores das nosas marcas.

Ás catro e media da tarde a Raíña abriu as portas dos seus Xardíns de Palacio á súa comunidade para ofrecer un pícnic con fins socio-sanitarios ás preto de 200 persoas repartidas en mesas de seis, conforme á normativa sanitaria.

Neste emblemático paraxe e ataviadas con creativos sombreiros e elegantes pamelas, as convidadas foron recibidas pola Banda de Música Municipal de Padrón mentres agardaban a chegada da Raíña.

Durante a xornada e dende as súas cadeiras disfrutaron ademais de dous concertos de música con estilo swing, jazz e blues de duas bandas galegas lideradas por mulleres (Le Barluthier e Patricia Moon cun tributo a Amy Winehouse).

Un evento 100% libre de plásticos con música, teatro e outras artes, nos que houbo tamén moeda propia (CUIN), zona de merchandising e incluso un espazo para as máis cativas (LittleAsnot) onde poider fabricar burriños, sombreiros ou caixas de tesouros con material reciclado (coma as caixas de pícnic do evento).

Cada grupo de convidadas poideron participar na escolla da asociación con fins socio-sanitarios a onde se destina a metade da recadación das entradas a través dos xogos de Asnot (Asnot Quiz e Cuingo Musical) que atoparon nas súas mesas ao chegares co obxectivo de facerlles partícipes e de conseguir a interacción entre as convidadas coas pertinentes distancias sociais.

Sobre as nove e media do serán e para rematar esta relaxada tarde de verán, fíxose entrega do premio Xoia da Coroa á creación máis orixinal entre as convidadas de Asnot Garden Party e das persoas que pousaron nos mini-photocalls instalados na hostalaría colaboradora.

A partires das 22h, xa fora do recinto, e para rematar Asnot 2021, proxectáronse
ilustracións de artistas galegas nunha das fachadas da Praza de Baltar, a sempre
casa real de Asnot.