Asnot posponse… ao venres 30 de xullo

Despois das escuras previsións meteorolóxicas para o sábado 24… Despois das tropecentas chamadas a Meteogalicia… Despois de sí non sí non sí non sí non… destes 4 últimos días… E xa sen tempo para decidir… Asnot debe pospoñerse uns días.

Non imos esmorecer!

Asnot Garden Party será único e posiblemente irrepetible. Naceu e desenvolveuse polas especiais circunstancias desta interminable pandemia. Invertimos moito tempo, esforzo e ilusión neste proxecto. E cremos que merece a pena facelo con todas as condicións para que sexa unha xornada inolvidable para Padrón.

Nova data: venres 30 de xullo

Que pasa coas mesas reservadas?

SE TENDES MESA RESERVADA?

Se tendes unha mesa reservada, non te preocupes, as entradas seguen sendo válidas para a nova data.

SE PREFERIDES ANULAR?

Tamén poderedes solicitar a anulación completa da compra poñéndote en contacto coa plataforma das entradas a través do email attcliente@woutick.es indicándolles o evento, a cidade e a referencia da compra (letra seguida de 12 díxitos que atoparás no email de confirmación de compra ou nas entradas impresas).
Data límite inclusive para solicitar anulación: martes 27 de xullo de 2021

E SE QUEREDES SUSTITUIR A ALGUNHA PERSOA DA MESA?

Eso tamén o podedes facer! Queremos atopar solucións aos problemas! Escribídenos ao noso email e vos contaremos como facelo.
Data límite inclusive para sustitucións: martes 27 de xullo de 2021

E SE NON TEDES MESA?

As mesas que anulen por calquer motivo, poñerémolas de novo na nosa web asnot.gal á venda.

Chegaron os CUINs!

Sabes que xa podes facerte cos teus cuins para o AsnotGardenParty en calquera dos colaboradores hostaleiros de Padrón?

Úsaa para pagar dentro do recinto de Asnot Garden Party . Poderás canxeala de novo por euros no punto de troco durante todo o evento.

Nestes locais colaboradores tamén poderás utilizala ou  💱 canxeala ata o 25 de xullo de 2021!

Disfrutemos de Asnot con glamour, humor e moito sentidiño.

Entradas esgotadas

Acábanse de esgotar as entradas!

Grazas a todas pola confianza en Asnot. En poucos días viviremos convosco esta edición especial no fermosísimo Xardín Botánico-Artístico de Padrón.

Sabedes que nos encantaría que todas estivérades con nós en Asnot Garden Party. Mais a situación non nos permite de momento que sexa así. Sexamos pacientes! Coidémonos de nós e dos demais!

Asnot 2021

#asnotgardenparty #asnot2021 #aresistencianuncacamiñasoa 

Asnot este ano 2021 debe reformularse: Asnot Garden Party

Sen perder a esencia e o glamur, desenvolvemos un proxecto que encaixa á perfección cos valores de Asnot no que parte dos fondos recaudados destinaránse a fins sanitario-sociais para paliar as consecuencias producidas pola covid-19 na nosa proximidade.

Será unha edición de transición e tamén unha oportunidade para vivir unha experiencia única nun fermoso espazo natural: o Xardín Botánico Artístico de Padrón.

Asnot 2019

Sabemos que un festival gratuíto, a pé de rúa, e sen aforo limitado non é posible (de momento). Dende a organización de Asnot estamos a traballar co mesmo tesón e ilusión para poder manter o espírito de Asnot sen riscos para ninguén.

Queres saber máis?

E que haberá nas rúas de Padrón?

Padrón estará preparado para recibirvos.

Sumérxete no teu personaxe.

Convírtete nunha elegante invitada da nobreza compostelana ou no sobriño do Conde de Valga, na princesa de Rois ou na curmá da Raíña.

Sorprende á Raíña de Asnot coa túa orixinal pamela ou teu elegante sombrero. Customiza o gorro ao estilo Asnot, a Xoia da Coroa agarda por ti!

Non haberá hipódromo onde celebrar os concertos, nin Flea Market, nin casa real. Non haberá actividades que poidan poñer en risco a ninguén. Debemos ter paciencia e coidado e estaremos orgullosas do noso pasado.

 haberá mini-photocalls nos establecementos colaboradores onde posar co teu orixinal sombreiro ou colorido tocado e poder optar á Xoia da Coroa. Queremos que calquera persoa que se achegue a Padrón ese día poida participar nos premios.

 haberá proxeccións de ilustradoras galegas reinterpretando Asnot na Praza de Macías durante a noite do 24 de xullo.

E por enriba de todo, sí haberá moitísimas ganas de disfrutar de Asnot, con glamour, humor e sentidiño!