Faite colaboradorx de Asnot 2021

Por que colaborar con Asnot?

Por que colaborar con Asnot 2021?
Para manter o espírito de Asnot neste momento de transición
Porque Asnot dinamiza o casco vello
Porque Asnot xera marca Padrón
Porque Asnot coloca a Padrón no mapa galego dos festivais
Porque Asnot atrae a diferente tipoloxía de público
Porque Asnot conseguiu romper as barreiras de público, idade e número de asistentes
Porque Asnot amplía o abanico de ocio
Porque Asnot ten un enorme impacto mediático
Porque Asnot consigue aumentar a autoestima da poboación local
Porque Asnot reforza a vinculación emocional e afectiva co territorio
Porque Asnot pon en valor os recursos sociais, medioambientais e patrimoniais dos que dispoñemos
Porque en Asnot a propia veciñanza faise partícipe do proxecto e implícase de forma activa
Porque queres formar parte deste proxecto

Como colaborar con Asnot 2021?

Forma:

Enviando un email a asnotfestival@gmail.com cos datos do teu comercio ou local e o xustificante do teu ingreso na conta de Abanca da Asociación Cultural Asnot (ES32 2080 0304 6330 4002 8041).

Cuota:

A. BARES E RESTAURANTES do CASCO VELLO: 50€
B. RESTO (comercios, bares fora do casco, hoteis, etc.): 25€


Prazo:

Ata o 1 de xullo de 2021

Recompensa:

A. BARES E RESTAURANTES do CASCO VELLO:
a. Recibirás un mini-photocall para colocar no teu establecemento durante o festival.
b. Recibirás un distintivo acreditativo oficial para poñer no teu negocio.
c. Aparecerás na nosa nova web.
d. Nomeáremoste nas redes sociais de Asnot.

B. RESTO:
a. Recibirás un distintivo acreditativo oficial para poñer no teu negocio.
b. Aparecerás na nosa nova web.
c. Nomeáremoste nas redes sociais de Asnot

Visita a Tomás

Fai uns días visitamos a Tomás, a alma de “O Fogar do Meu Burro”, un Centro de Terapia con burros ubicado na aldea de Lamas.

Fixémoslle entrega da doazón anual da nosa Asociación Cultural. Contounos que axudoulle a conseguir unha amorosa e amplia albarda feita de palla e coiro para protexer a este paciente e tranquilo animal da carga, e tamén para que quen suba a él poida dar longos e cómodos paseos.

Un prazer coma sempre, Tomás!